Como funcionan as pistolas das consolas antigas?

SONY DSC

Na actualidade moitas cousas parécennos normais debido ao avance tecnolóxico que posuímos. As videoconsolas son proba deste feito, sensores de movemento, recoñecemento de voz, mandos sen cables, etc. son elementos que están a orde do día. Todos eles válense do desenrolo tecnolóxico para poder ter unha experiencia máis cómoda e máis próxima á realidade.

Aínda así, non foron necesarias tecnoloxías futuristas para facer funcionar a famosa pistola das primeiras consolas alí polos anos 80. Nesa época numerosos videoxogos, como é o caso do famoso “Duck Hunt” de Nintendo, se fixeron famosos polo uso de dita pistola para apuntar nos xogos de disparos.

Como podía ser que a nosa vella tele de tubo e máis a nosa obsoleta consola (lembremos que non había ningún tipo de sensor ou cámara como ocorre nas máquinas actuais) se bastasen para saber se estabamos a apuntar ben ou mal ao noso obxectivo?

Utilizando Nintendo Zapper, unha das pistolas máis coñecidas.
Utilizando a Nintendo Zapper, unha das pistolas máis coñecidas.

O método utilizado pode parecer sinxelo mais ninguén pode negar que é moi enxeñoso. Ao premer o gatillo mandábase a información de que o xogador disparaba á consola. Esta cambiaba a imaxe que estaba amosando por un fondo negro, ao que se engadía rapidamente por un cadro branco luminoso situado onde estaba o obxectivo.Todo isto ocorría nunha pequena fracción de segundo impedindo ao ollo ver algo máis que un destello na pantalla.

En contra do que poderíamos pensar, a pistola contaba cun receptor de luz o cal detectaba a presencia ou ausencia de luz. Desta maneira cando a pistola e o branco estaban aliñados o disparo era efectivo, en caso contrario o disparo fallaba. O feito de aparecer o fondo negro antes que o cadro branco, era para evitar que os xogadores fixeran trampas apuntando coa pistola a unha fonte de luz.

Certo é que, este método tan so é válido para cando aparece un só obxectivo na pantalla, en caso contrario a consola non sería capaz de saber a que branco estamos apuntando. Isto solucionaríase utilizando refrescos de pantalla máis sempre utilizando como base o método aquí descrito.

A continuación podedes ver un vídeo (de produción propia) que realizamos para que vexades de primeira man o funcionamento do sistema, utilizando como exemplo o xa mencionado Duck Hunt.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s