O magosto

Festa tradicional de Galicia que xira entorno a finais de outubro de primeiros de novembro, datas propicias para a recollida das castañas (elemento central da celebración) e a súa correspondente preparación.

Cucurucho

Orixe

Atopar a orixe (incluso aproximada) do magosto goza dunha gran dificultade e discusión. En vista a isto, só afirmaremos que é posterior á época da romanización.

Ademais, é sabido que en épocas de escaseza, a castaña sempre foi en terras galegas un froito doado de coidar e abundante polo que na tradición gastronómica gusta dun apreciado posto.

Por outro lado e para entender mellor a idea da festa, podemos analizar o nome da festividade. No latín, “magnus ustus” significa gran lumarada que se podería relacionar con algún dos tipos de preparación das castañas.

Xeitos de facer as castañas

Por suposto, nunha festividade tan antiga e estendida como é o magosto en Galicia, os xeitos de preparar este manxar son variados, pero nós englobarémolos en tres a destacar:

  • Castañas asadas: Despois de quitarlles un anaco de pel, bótanse a unha prancha (ou nun forno se non hai máis remedio) ata que están ben feitas. A finalidade de quitarlles o anaco de pel é para que non estoupen, acontecemento característico en moitas cancións relacionadas coa celebración. O xeito típico de tomalas consiste en levar unha boa presa delas nun cono de periódico.
  • Castañas cocidas: Nunha pota con auga, ao gusto de sal.
  • Castañas crúas: Vas paseando unha preciosa mañá de outono e tes a sorte de te atopares un ourizo coas castañas pedíndote que as comas, non tes lume nin pota ao alcance da túa man, non desperdicies a oportunidade que che da a estación.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s