Biomimética: porque crear se podemos copiar

Fora do sensacionalismo do título, o certo é que a invención do ser humano é inmensa: a súa capacidade para deseñar e crear novas ferramentas é algo que nos caracteriza. Pero as veces podemos aforrar certo tempo se en vez de empezar desde cero, tomamos como referencia modelos preexistentes. Non hai mellor fonte para crear inventos que a natureza xa que os modelos naturais levan séculos sendo testados e por riba aínda non foron patentados.

De feito existe toda unha rama de estudo que se dedica a isto. Falamos da biomimética, definida como a ciencia que estuda a natureza como fonte de inspiración para resolver aqueles problemas do ser humano que a natureza xa resolveu.

Estes son algúns exemplos de invencións humanas baseadas na natureza.

1.Traxes de baño tecnolóxicos

Estes traxes supuxeron un verdadeiro problema para os organizadores de competicións de natación. Con eles os nadadores profesionais conseguían reducir considerablemente as súas marcas. Durante a época na que estiveron permitidos (durante os anos 2008 e 2009) batéronse máis de 130 records en natación. A principios do ano 2010 a Federación Internacional de Natación (FINA) prohibiu o seu uso en competicións oficiais.

757px-Phelps4x100

A clave destes traxes de baño é que son impermeables. Usando materiais especiais conseguen reducir a forza de arrastre que sufre o nadador na auga. Os enxeñeiros baséaronse na pel de certos animais mariños tales como as quenllas para deseñar estes traxes.

2.Os shinkasen (os trens bala xaponeses)

Estes trens logran alcanzar velocidades incribles. O problema que se encontraron os enxeñeiros  era que a tales velocidades, dentro do tren, escoitábanse ruidos moi molestos.

Shinkansen_Hikari

Inspirándose na forma de certas aves como os mouchos e os martiños peixeiros remodelaron a forma da cabeza do tren, conseguiron reducir os molestos ruídos, pero ademais conseguiron aumentar a velocidade dos trens e reducir o seu consumo de combustible.

Ceryle_torquatus

3. O Velcro

Velcro é unha marca rexistrada pero volveuse algo tan común que practicamente o incorporamos ao noso dicionario.

Micrograph_of_hook_and_loop_fastener,(Velcro_like)

Cóntase que o enxeñeiro suízo George Mestral descubriu o difícil que resultaba separar o froito do cardo Arctium lappa do seu pantalón se se quedaba pegado. Resulta que estes froitos teñen uns pinchos que na punta non rematan recto se non que se dobran coma se de un gancho se tratase. Mestral tomou nota disto, posteriormente foi quen deseñou e patentou en 1951 o famoso velcro.

boooo

Advertisements

2 Comments Add yours

  1. Odanzarínsomerxido di:

    Acábame de facer tanta ilusión que mencionaras o dos traxes de natación (fast skin) que voume permitir ampliar un pouco a information (aínda que vaise un pouco do tema):
    Non só intentaban imitar ás quenllas senon que tamén botaban man de materiais que están prohibidos no mundo da natación. Básicamente estou a falar do neopreno. Os traxes que saíron entre 2008 e 2009 (blue seventy e jaked 07) tiñan certo porcentaxe de neopreno, o que te permitía ter (ademáis de ser máis hidrodinámico) unha burbulla de aire na espalda (a parte que está enrriba do cú) e polo tanto flotabas máis (eran traxes herméticos). De feito hai unha historia moi graciosa que lle ocorreu a un compañeiro: olvidouse de ir ó baño antes de competir, polo que tivo que mexar no traxe. O caso foi que ó acabar olvidouse, e cando se foi quitar o traxe no vestuario… bueno, podería dicirse que xa non é amigo meu.
    Así foi en Beijing que China comezou a facer records do mundo como se fosen palomitas.
    Pero bueno, o meu agora é bailar así que…

  2. artai di:

    O do velcro é moi curioso, e o mellor é que ese invento tan popularizado entre a sociedade, é o que se utiliza nos traxes espaciais da NASA.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s