Ficha da película
Título: The Hunger Games: Catching Fire
Director: Francis Lawrence
Banda sonora: James Newton Howard.
Actores principais: Jennifer Lawrence, Josh Hutcherson, Liam Hemsworth, Lenny Kravitz, Elizabeth Banks, Stanley Tucci, Donald Sutherland
Sinopse
The Hunger Games: Catching Fire comeza con Katniss Everdeen volvendo a casa sa e salva despois de gañar os 74º Xogos da Fame anuais xunto ao outro tributo Peeta Mellark. Gañar significa ter que deixar atrás á familia e os amigos, e iniciar o chamado “Tour da Victoria” polos diferentes distritos. Ao longo do camiño, Katniss dáse conta de que se está iniciando unha rebelión contra o réxime vixente. Aínda así na sede goberno, o Capitolio, continúa todo baixo control mentres o Presidente Snow organiza os 75º Xogos da Fame anuais (os terceiros de vasalaxe), unha competición que cambiará Panem para sempre…
Crítica
Tras o notable éxito da primeira entrega, chega agora as nosas pantallas a adaptación do segundo libro da serie de Suzanne Collins. A pesar do feito de estar baseada nunha novela a nosa análise limitarase a xulgar o filme en si mesmo sen entrar a se é ou non unha boa adaptación.
A película supón unha evolución, no sentido máis literal da verba, respecto a primeira entrega. Partindo da idea inicial e usando un desenrolo moi similar consegue introducir novas ideas e provocar unha maior carga dramática ao argumento; sen que resulte repetitivo respecto á primeira película.
Afondarase dunha maneira máis clara sobre a situación política no mundo futurista de Panem. Ideas como o control dos medios ou o uso do medo como arma por parte dos réximes totalitarios cobrarán máis importancia. Tamén se tratará a importancia que pode ter un símbolo na sociedade, podendo converterse nunha arma moi poderosa en torno a que se agrupan as persoas. Chegando a recordar, salvando as distancias todo hai que dicilo, á V de Vendetta.

Aínda así non debemos esperar unha película na que se estas ideas se convertan no eixe central. Cabe recordar que estamos ante unha película dirixida a un público adolescente, o cal, en xeral, non adoita a simpatizar coas longametraxes cun argumento demasiado cargado e complexo.
En canto as actuacións, se hai alguén que temos que destacar esa é a intérprete do papel protagonista, Jennifer Lawrence, que consegue superarse a si mesma. A actriz consegue transmitir perfectamente desde a presión e angustia a que está sometida a súa personaxe ata chegar a facernos rir coa súa reacción nunha escena nun ascensor. Tamén merece unha especial mención o papel de Donald Shuterland como o presidente Snow, o cal dota á súa personaxe dun perfecto carácter intimidatorio e poderoso.
Valoración final: 8
Entendendo a película no seu contexto, atopámonos cunha gran obra cinematográfica. Superando os estereotipos de película para adolescentes e introducindo novas ideas que enriquecen o desenrolo.
Trailer
Ficha en IMBD
Ficha en FilmAffinity
Paxina oficial | The Hunger Games: Catching Fire (official) (en español)
Antes de nada, este comentario pode ter spoilers, así que quedas avisadx.
Eu vina esta fin de semana, e dicir que quedei bastante satisfeito, sobre todo polas actuacións dos personaxes secundarios. O presentador, Haymitch, Effie… conseguen que o drama da primeira parte da película (antes de que comezasen Os Xogos) non se sinta tan crú. Hoxe por hoxe, dar esas pinceladas de humor sen que se distorsione o argumento da película é importante (non como en “Los vengadores”, que toda a película convertese nun chiste…)
Pouco máis que dicir, xa que na maioría das cousas coincido convosco.
PD: Eu tamén son partidario de poñer puntos suspensivos na sinopse para darlle máis intriga… xD