“Bitcoin” A moeda sen país

Dólar, Estados Unidos; euro, Unión Europea; libra, Inglaterra; ien, Xapón…

Ata aquí doado, non?

Bitcoin?

Non busquedes, bitcoin non ten país nin fronteiras, é a moeda virtual.

Aló polo ano 2009 e a través da rede P2P as coñecidas como bitcoins entrarían en funcionamento, unha nova forma de pago completamente descentralizada; é dicir, ata ese momento as transaccións electrónicas usaban como punto de apoio unha institución de confianza (como podía ser unha entidade bancaria). Pois ben, con esta moeda isto deixou de ser necesario. De feito, feitas así, as transaccións son directas, sen intermediarios e unha vez realizadas, só nós seremos os propietarios dos cartos (quedando os nosos datos e as nosas identidades perfectamente protexidas).

Bitcoin logo

Satoshi Nakamoto é o nome do creador ou grupo de creadores das bitcoins, sobre a súa verdadeira identidade todo son especulacións. De feito, a partir do ano 2011, desvinculouse completamente do proxecto.

Pero isto non implica absolutamente ningún problema. Para empezar, debido ao sofisticado sistema criptográfico coa que foron programadas, tanto a falsificación como a duplicación é imposible.

Ademais, a emisión de nova moeda á rede, está exenta do control de gobernos ou outras entidades.

Tal foi a aceptación desta moeda, que cada vez máis páxinas web a inclúen como forma de pagamento (incluso comercios de toda a vida empezan a implantala). E non só iso, a cotización da moeda é cada vez máis alta, para que vos fagades unha idea, agora mesmo un bitcoin equivale a:

$1105.8

€819.34

E non para de subir.

Aínda así, posto que se permite o pago fraccionado, que teña un valor tan alto non inflúe negativamente no seu potencial.

Se estades interesados nesta nova tendencia e queredes informarvos mellor de como funciona esta rede animámosvos a botarlle un ollo á web:

http://bitcoin.org

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s