Xa fai un máis ano dende que o mundo non acabou, recordades? Segundo algunha xente a fin do calendario Maia (que coincidía o 21 de decembro) auguraba un cambio de ciclo. Interpretado polos máis pesimistas como a fin do mundo.
Por sorte o mundo non acabou e o ano pasado neste blog publicamos un artigo sobre outros ‘fins do mundo’ que ao final quedaron en nada.
https://erdati.wordpress.com/2012/12/06/chega-xa-a-fin-do-mundo-hai-moitas-razons-para-desconfiar/
Pero non esteades tan tranquilos, que o mundo non se acábase ata agora non quere dicir que non se vaia a acabar . De feito existen mil xeitos de que o mundo se acabe.
Para empezar a existencia de vida na Terra está delimitada polo tempo de vida da nosa estrela (o Sol). E é que dentro de 6000 millóns de anos aproximadamente, ao sol acabaráselle o seu combustible, converterase nunha xigante vermella e posteriormente producirá unha supernova.
Entón son 6000 mil millóns o tempo que lle queda á vida na Terra? O certo é que non. Moito antes, dentro de 1750 millóns de anos o Sol terá un tamaño tal que a Terra non se encontre na zona habitable. A temperatura na superficie non permitirá a existencia de auga en estado líquido polo que os océanos e ríos evaporaranse imposibilitando a supervivencia de calquer ser coñecido.
Pero non vos preocupedes por iso porque antes de que ocorra iso existen moitos potenciais perigos para a vida do ser humano sobre a Terra. Nesta lista enumeramos algúns:
-Erupción solar masiva. As erupcións solares xa son un problema para os satélites. O risco de que unha erupción solar poida facer dano na Terra multiplicaranse para o ano 3000 cando se cree que se producirá a inversión dos polos magnéticos terrestres. Durante un periodo de tempo a Terra estará sen campo magnético e polo tanto desprotexida.
-Impacto de asteroides. Non podemos descartar que nun prazo longo de tempo (miles de anos) un asteroide destrúa a toda a vida ou polo menos provoque unha extinción masiva como ocorreu con dinosauros.
-Epidemias a escala global. Certamente son perigos potenciais para a o ser humano pero sería máis difícil que provocasen unha extinción.
-Problema de esgotamento de recursos ou sobrepoboación. Lamentablemente si que é posible estes problemas os vexamos e os suframos. E é que se a poboación ser humano segue a crecer sen control, de cara a fin deste século, non viviremos unha extinción pero seguro que a nosa poboación diminuirá xa os recursos que nos ofrece a Terra son limitados.
Eu creo que o máis triste de todo é que moitas das razóns que aparecen neste artigo son trascendentáis ó ser humano, excepto o esgotamento de recursos ou superpoboación. Ademáis, creo que é a máis probabilidades ten de ocurrir. Dame moita pena que sexa o propio ser humano o que se destrúa a si mesmo. Persoas que non reciclan e non se preocupan polo medio ambiente, parir un novo fillo puidendo adoptar… Ó final son cousas que pasan factura.
Pero en fin, non me vou a poñer tan depresivo-filosófico por estas datas.
Bo Nadal Erdati!