Seguidores acérrimos de Erdati, grupis da cultura ou afortunados visitantes casuais aos que o azar dun buscador trouxo a nós, bo aninovo.
Desexámosvos, dende Erdati, un feliz 2014.
Foi o ano pasado, cando na felicitación de aninovo dixemos: “…apenas levamos tres meses en liña e non contamos con demasiados artigos, pero non podemos facer máis ca agradecervos o voso entusiasmo que nos fai medrar e madurar día a día…”. Xentes que aquí rematastes, grazas a vós as palabras son máis que palabras, son 93 artigos publicados, son máis dun ano e tres meses xuntos, é un 2014 por diante no que as palabras seguirán sendo a nosa ferramenta para achegarvos máis a nós e á cultura que intentamos poñer ó alcance da vosa man.
Que sexa, 2014 un gran ano, tan grande como o que vos desexamos para 2013 e tan grande como o que, oxalá, vos poidamos desexar en 2015.