A liberdade ao mercar no supermercado, unha ilusión?

marcas1

Moitas veces non pensamos que dispoñemos de liberdade na compra de produtos, se unha marca non nos gusta podemos deixar de mercala elixir unha da competencia. Teoricamente, esta é unha forma de contribuír a que as marcas compitan por ofrecerche o mellor produto, facendo que o mercado avance e mellore.

O certo é que isto parece ser que é unha mera ilusión, especialmente na área comercial dos produtos domésticos e alimentarios que están a venda en calquera supermercado.

A curiosidade xurdiume cando me decatei que o meu xabón de mans (da antiga marca Moussel de Legrain) contiña unha U sobre a palabra Unilever (o logo que está na parte superior esquerda na imaxe que encabeza o artigo); este mesmo símbolo volvino a ver á hora da merenda cando merquei un xeado Frigo e curiosamente á hora cea, a citada U volveu aparecer no bote de maionesa Ligeresa. Pensando que estaba sentindo fixación por ese símbolo decidín buscar información en internet sobre esa tal empresa chamada Unilever da que nunca oíra falar ata o de agora.

Desta forma descubrín que dita empresa posuía sobre 400 marcas e que ademais, esta non era un caso illado, senón que había outras empresas que, coma ela, posuían unha morea de marcas que a calquera nós nos parecerían independentes, non obstante resulta que non o son.

Conforme ía investigando a ilusión de liberdade de elección íase desfacendo rapidamente, descubrindo que moitas veces o cambiar de marca non significa cambiar de empresa. Decateime, por exemplo, de que ao mercar desodorizante Axe ou Rexona en realidade estaslle dando diñeiro a mesma “macroempresa”, que resulta ser tamén Unilever. Ou que a aparente competencia entre Tampax, Ausonia e Evax é ficticia, pois pertencen a mesma matriz americana chamada P&G.

Se comezamos a buscar aparecen relacións entre marcas que non venden os mesmos produtos. É o caso do chocolate Milka, a tónica Schweppes, as galletas Oreo e a goma de mascar Trident; os cales todos pertencen a multinacional estadounidense Kraft. Aínda máis chocante é o feito de que a marca de comida animal Purina pertenza a multinacional suíza Nestle, a cal a súa vez é unha das principais accionistas (cun 30%) do grupo L’Oreal.

marcas

Estes son tan so uns poucos exemplos, ampliando a imaxe anteriór podedes comprobar todas as relacións que existen.

O resultado de todo isto é que tan só 10 empresas (Unilever, Pepsico, P&G, Coca-Cola, Kraft, Mars, Nestle, Kellog’s, Johnson & Johnson e General Mills) controlan a maioría dos produtos domésticos e alimenticios que temos na nosa casa; creando desta forma un oligopolio comercial moi difícil de controlar ou loitar contra el. E o certo é aínda por riba estas empresas non é que se leven mal, senón todo o contrario, elas están moi cómodas onde están para que competir entre elas e prexudicarse se hai pastel e pastel para todos.

Como vedes as cousas non sempre son o que parecen e a liberdade da que parecemos gozar poida que nalgúns casos tan so sexa aparente.

E vós, que opinades sobre estas relacións “amorosas” entre as grandes multinacionais?

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s