A que velocidade se move a Terra?

earthEstes son asuntos que moitas veces pasan desapercibidos e cando nos paramos a pensar un pouco quedamos bastante sorprendidos. Para empezar temos que ter en conta como definimos velocidade, esta pódese definir como unha forma de cuantificar a variación por unidade de tempo da posición dun obxecto respecto a un sistema de referencia.

Este último feito é importante debido a que cando dicimos que algo se move a 20 km/h é imprescindible dicir respecto a que sistema de referencia o estamos medindo. Desta maneira non será o mesmo que dito obxecto se mova a 20 km/h respecto a Terra ou con respecto a un tren que xa se move a 100 km/h.

Da mesma maneira, a pesar que para nós a Terra pareza que está quieta, no noso sistema de referencia o cal se move con ela, non quere dicir que esta estea quieta noutro sistema de referencia. De feito a velocidade a que nos movemos é bastante considerable. A Terra móvese a unha velocidade media (lembremos que esta velocidade non é constante debido á elpticidade da súa órbita) duns 107 200 km/h con respecto ao Sol. A isto hai que engadirlle unha velocidade respecto ao eixe de rotación propio da Terra, a cal no ecuador é duns 1 400 km/h.

Por se isto non fora pouco o Sol tamén se despraza respecto ao centro da nosa galaxia, a Vía Láctea, cunha vertixinosa velocidade de 900 000 km/h. Agora podemos comparar estas velocidades coas acadadas polo ser humano e atopamos que a máxima velocidade alcanzada por un vehículo tripulado polo home foi o Apollo 10 no ano 1969, acadando aproximadamente 40 000 km/h (respecto a Terra). Isto danos unha idea do pequeniños e insignificantes que somos ao compararnos coa inmensidade do Universo.

Coñecido isto tan so me queda por advertirvos que a próxima vez que mandedes ao voso primo pequeno estar quieto, pensedes que por moi quieto que se quede, seguirá movéndose a uns 900 000 km/h, así que por 20 km/h máis non vai pasar moito.

Fonte dos datos | Wikipedia

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s