Tórcense! “A Lei de Snell”

Empecemos o artigo cunha experiencia do máis simple.

Introduzamos nun vaso cheo de auga un lapis de xeito que quede medio fora medio dentro do líquido.

Observemos dende arriba a estampa, que acontece?

lapis auga

Pode que este fenómeno sexa xa coñecido por moitos de vós. O lapis, dende o noso punto de vista parece torcido, pero se o sacamos da auga está como ao principio (se cadra algo máis mollado).

Pois a explicación ao porqué deste suceso recibe o nome de : “Lei de Snell”.

A Lei de Snell baséase en dous feitos moi simples:

  • A luz é a ferramenta que nós utilizamos para ver.
  • A velocidade da luz cambia dependendo do sitio no que se mova.

Como consecuencia disto último, a velocidade da luz será distinta na auga, por exemplo, ca no aire.

Nos falta por introducir un terceiro factor. Normalmente os raios non chegan nin saen perpendiculares á superficie de separación entre os dous medios.

Se lle chamamos θ ao ángulo co que o raio chega, vemos que, ao non se desprazar do mesmo xeito na segunda zona, este modifica a súa traxectoria e sae formando un ángulo distinto, θ’.

Os motivos máis detallados deste razoamento están acollidos no coñecido como “Principio de Huygens” do que non falaremos neste artigo.

Por suposto, existe unha fórmula que nos da a relación entre as velocidades da luz e os ángulos:

vmedio2·sen(θ)= vmedio1·sen(θ’)

Onde “c” é a velocidade da luz no baleiro.

lei de snell

Para rematar, podemos buscar nesta expresión a resposta a moitas preguntas curiosas.

Por exemplo, por qué no caso mesmo do lapis, parece que a parte somerxida está máis achegada á superficie do que realmente o está?

Pois por un lado, como acabamos  de ver, os raios que “saen” do lapis chegarannos torcidos, se a isto lle sumamos que o noso cerebro non sabe adaptarse a este fenómeno (é dicir, non interpreta que a traxectoria da luz se torceu e polo tanto fainos crer que vén en liña recta) atoparemos a solución.

sensacion de profundidade
Como a luz cambia ao pasar da auga ao aire, a sensación do noso cerebro é a de os raios que nos chegan sairon e chegaron rectos, sen cambiar de traxectoria.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s