A ilusión do reloxo parado

Infinity-Time1

A percepción do tempo, algo curioso non vos parece? As persoas valémonos da memoria para poder apreciar o imparable avance desta variable natural. Resulta imprescindible o almacenamento de recordos para poder distinguir a diferenza ao levantarnos da cama hoxe ou facelo mañá.

O problema aparece cando deixamos de almacenar recordos ou o facemos de forma ilusoria, é o caso dos momentos nos que perdemos a consciencia ou mesmo ao durmir, ao volver en nós a primeira sensación que nos aparece é a de desorientación.

Non obstante, non necesitamos ser tan drásticos para atopar exemplos nos que “erros”no almacenamento de recordos nos producen unha mala percepción do tempo. Quizais moitos de vós vos ten parecido que ao mirar cara un reloxo analóxico o tempo que tardaba en moverse o a agulla dos segundos por primeira vez parecía maior ca nos sucesivos segundos.

Que nunca vos fixastes? Pois a continuación no vídeo podedes probar, simplemente tedes mover os ollos e mirar cara fora do reloxo da pantalla, para logo volver a mover rapidamente os ollos e mirar de novo ao reloxo da pantalla. (O vídeo foi acelerado co fin de que o efecto fose máis pronunciado).

Percibístelo xa? Pois dito efecto recibe o nome de cronostase (chronostasis na lingua de Shakespeare) e é un tipo de ilusión temporal causada polos movementos sacádicos (movementos rápidos) do ollo.

Para entender o fenómeno primeiro temos que entender no noso mecanismo de formación de imaxes existen dous procesos diferenciados. O primeiro é a sensación na cal os nos ollos recollen a imaxe do exterior, para logo ser mandada ao cerebro e así poder formar a imaxe nun proceso que se denomina percepción.

O que pasa durante o movemento sacádico é o mesmo que ocorre se movemos unha cámara cando estamos a sacar unha fotografía. A imaxe recibida é borrosa. Que pasa entón durante ese movemento pois nós non percibimos imaxes borrosas.

ChronostasisTimelineGL
No gif podedes ver esquematicamente o desenrolo do efecto.

Pois resulta que o noso cerebro se vale duna curiosa argucia da que non somos conscientes.  O que fai é non almacenar a imaxe borrosa na memoria, e no seu lugar encher ese oco coa imaxe que percibimos inmediatamente despois do movemento do ollo. Creando desta maneira a ilusión de que a imaxe que vimos tras o movemento ocular durou máis do que realidade o fixo.

Dita ilusión pode facer que sobreestimemos case medio segundo a duración dese momento. Dita cantidade pode considerarse desprezable, pero o certo é que se consideramos o total dun día o tempo sobreestimado pasa ser de 40 minutos.

Así que cando miredes cara o reloxo para saber canto tempo queda para acabar a clase non é que o reloxo vos estea “troleando” senón que quen o está facendo é a vosa querida cacholiña.

Vía | Vsauce, Wikipedia

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s