As arañas, a pesar de ser un dos bichiños aos que moita xente teme case irracionalmente, ninguén pode negar que a súa habilidade natural para tecer resulta canto menos admirable.
Non son poucas as propiedades exclusivas que os seus finos fíos posúen. A seda de araña destaca por ter unha resistencia (por unidade de masa) a roturas similar á do aceiro sendo posible deformala unhas 10 veces mais que ese metal.
O vídeo que vos traemos a continuación recolle nun timelapse de 1 minuto case hora e media de traballo desta pequena enxeñeira. Non deixa de ser, sen dúbida, algo para o que quedar apampado.
Non quero terminar este artigo sen antes destacar que a pesar da súa tenacidade, numerosos estudos científicos consideran pouco plausible que unha tela de araña usual poida chegar a soportar a cantidade de elefantes que a popular canción dicía. Así que tampouco se lle poden pedir peras ás mazairas.