O banco dos murmurios

murmurioUn dos segredos mellor gardados da nosa querida Compostela. Pois non son moitos os que saben as características especiais que posúe o gran banco ovalado situado no parque da Alameda, preto do quiosco de música (concretamente aquí).

Este banco, tamén chamado Banco dos Namorados (por razóns que deseguido entenderedes), posúe a curiosa característica de que se dúas persoas se sentan en cada extremo e un deles comeza a murmurar algo coa cabeza pegada ao respaldo; o segundo interlocutor será capaz de escoitar, incluso semellando algo amplificado, o que di se tamén pega a orella a dito respaldo.

 

son
As ondas sonoras vanse reflectindo na superficie curvada do banco.

A explicación deste fenómeno está na simple reflexión que as ondas sonoras sofren ao chocar contra unha parede. Desta maneira ao emitir o teu son tan preto da parede a onda na súa maioría irá rebotando pola parede e chegando ao outro lado sen sufrir case perdas por dispersión sonora.

Compre destacar que dito efecto non é único deste banco de Santiago senón que noutros lugares como na catedral londiniense de San Paulo en cuxa cúpula principal podemos presenciar dito efecto ou na Gran Terminal do metro de New York.

A famosa catedral de San Paulo en Londres tamén posúe unha galería dos murmurios.
A famosa catedral de San Paulo en Londres tamén posúe unha galería dos murmurios.

O efecto que produce a primeira vez que probas a falarlle ao oído a alguén que tes a uns 5 metros de distancia é canto menos asombroso; e non deixa de ser algo moi curioso e sen dúbida algo moi romántico para ensinar e deixar con cara de parv@ á vos@ namorad@, por poñer un exemplo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s