O vento solar

A parte de ser a fonte da enerxía de todo ser vivo que habita o planeta Terra , o Sol tamén é un potencial perigo para nós. Non nos referimos a que poida ser malo para a saúde tomar demasiado o sol (que tamén). Tampouco nos referimos a que dentro de millóns de anos con toda seguridade a Terra acabaría sendo tragada polo Sol (artigo). Falamos dun fenómeno moi interesante que provoca que o noso planeta sexa  “bombardeado” continuamente por un fluxo de partículas. Pero este fluxo de partículas non so é un perigo potencial tamén é causante dun dos fenómenos atmosféricos máis impresionantes, as auroras polares.

aurora

 

Este fluxo de partículas chámase vento solar e pouco ten que ver co vento convencional. Aquí vai unha explicación sinxela de como se produce vento solar: No sol están ocorrendo continuamente reaccións nucleares entre partículas. O resultado de estás reaccións nucleares son cantidades enormes de enerxía. Pois ben, algunhas partículas da capa máis externa do sol conseguen tanta enerxía que logran escapar do campo gravitatorio do sol e corren libres polo espazo.

Estas partículas son na súa maior parte electróns e ións sobre todo de hidróxeno e de helio. Son partículas altamente enerxéticas e moi rápidas; nas proximidades da Terra, a velocidade do vento solar en promedio é duns 450 km/s. Estas partículas saen despedidas en todas direccións dende o Sol e inundan unha rexión moi ampla do sistema solar chamada heliosfera (chega máis ala do antigo planeta plutón).

É dicir existe un fluxo continuo de partículas impactando contra a Terra, porén o vento solar non supón ningún perigo para nos xa que temos un gran escudo que nos protexe. Este escudo é o campo magnético terrestre. O que fai o campo magnético é desviar a maior parte das partículas. Algunhas partículas quedan atrapadas flotando no campo magnético terrestre formando os denominados cintos de Van Allen.

Nesta imaxe podemos observar como o fluxo impacta sobre o campo magnético, así coma os cintos de Van Allen.

au

 

Pero non acougues, agora as cosas empeoran. O sol (coma todos) ten as súas rachas é as veces pode ocorrer que certos movementos de materia virulentos na súa superficie deriven en que unha parte do plasma solar sexa liberado ao espazo exterior, producindo as chamadas erupcións solares. As erupcións solares poden ter distintas intensidades, se teñen suficiente poden penetrar o campo magnético terrestre sendo un auténtico problema non tanto para as persoas senón para ás nosas telecomunicacións podendo incluso danar satélites, liñas eléctricas ou interromper transmisións de radio.

A posibilidade de que ocorran estas execcións de materia solar é maior durante as épocas de maior actividade solar. Os científicos desde varias décadas veñen estudando cando se producen estes picos de actividade, curiosamente observaron que o a actividade do sol segue un patrón cíclico. O sol rexistra de etapas de alta e de baixa actividade continuamente e cada 11 anos aproximada mente a historia repítese.

buaa

Actualmente nos atopamos no ciclo solar 24, é o ciclo número 24 dende o ano 1755, ano no que se empezou a tomar rexistro da actividade solar.  Concretamente nos atopamos nunha etapa de con gran actividade dende o ano 2012. Pero non te preocupes xa que o bo de estar nun máximo é que a cousa non pode facer outra cousa máis que baixar.

 

 

Advertisements

One Comment Add yours

  1. Odanzarindehelio di:

    E despois hai sitios coma Santiago de Compostela onde da igual que sexa un máximo ou un mínimo; os quilómetros de espesor de nubes e os litros de choiva salvannos de calqueira ameaza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s