Mestre Mateo 2014: O audiovisual galego, unido contra os recortes

Roberto Vilar e mais a Gaos Big Band no inicio da gala
Roberto Vilar e mais a Gaos Big Band no inicio da gala.

Arrancaba a gala con Roberto Vilar nun taxi; con música da orquestra da academia, a Gaos Big Band e con Gayoso cun micro na man.

Trala longa extensión dalgúns discursos o ano pasado, este ano contabamos con Paco, un pianista que debido a que tiña que coller un voo cara Rusia, empezaría a tocar segundo os emocionados actores se estenderan de máis coas súas xubilosas palabras.

Partira Somos Xente Honrada como favorita e non defraudou, levouse os dous primeiros premios da noite “Mellor interpretación masculina de reparto” e “Mellor maquillaxe e peiteado” para, ao final da gala, rematar por arrasar cos dous galardóns de maior prestixio, o de “Mellor dirección” e “Mellor longametraxe”.

Deixando o éxito deste filme a un lado, a cerimonia quedou marcada polas duras e críticas verbas de varios premiados cara os recortes, tanto no audiovisual como en aspectos máis xerais. Xa deixaba entrever esta tendencia Alberto Díaz cun “Que se loite polo cine de aquí, joder!”.

En pé se quedaría o público cando, Isabel Risco, despois de ser galardoada co Mestre Mateo a mellor actriz de reparto, puxo o Palexco da Coruña patas arriba co seu berro de protesta cara o escaso traballo no naval, no pesqueiro, os recortes, a mala sanidade, a cultura galega…

Tampouco nos podemos esquecer do intenso discurso do director da academia, Antonio Mourelos. Empezou o discurso destacando a labor dos medios de comunicación galegos, pero rapidamente adquiriu un ton máis reivindicativo. Pediulle ás institucións máis sensibilidade co sector, deixando claras as súas intencións: “Queremos e sentímonos obrigados a seguir contando historias, preferiblemente as nosas”

Outra nota reivindicativa viu da man de María Liaño que a pesar de ser premiada rexeitou o Mestre Mateo. Nora Abad dixo no seu nome que non o podía aceptar porque non lle parecía xusto.”Los que lo merecen son los trabajadores del audiovisual” que loitan por “mantenerse en la brecha en condiciones lamentables”.

María Liaño rexeitaría o premio entregado polo divulgador Jorge Mira.
María Liaño rexeitaría o premio entregado polo divulgador Jorge Mira.

Foi tamén unha noite de homenaxes, en especial á figura de Xosé  Manuel Oliveira, finado este pasado 2013. Aínda así, non se esquecería a gala de lembrarnos os 25 anos que se cumplen da estrea dos tres primeiros filmes galegos: Sempre Xonxa, Urxa e Continental.

En medio da gala propuxemos un titular claro para as crónicas da cerimonia deste ano, algo así como “Somos Xente Honrada triunfa nos premios” pero pensándoo mellor, creo que sería máis adecuado algo como “O audiovisual galego, unido contra os recortes”.

Para rematar, dicir que foron moitos os estratos de discursos de premiados que paga a pena gardar na memoria, desas, aquí nos gustaría poñervos algunhas, para que vós tampouco as esquezades.

  • “Que se loite polo cine de aquí, joder!”( Alberto Díaz).
  • “Porque a esperanza e non o medo, sexa a base do desenvolvemento” (Galegos no mundo).
  • “O mundo da creación é do mellor que temos no país” (Zig Zag Diario).
  • “Por un país libre que é noso!” (Isabel Risco).
  • “Queremos e sentímonos obrigados a seguir contando historias, preferiblemente as nosas”, “Faltan incentivos fiscais que axudarían a ser máis competitivos”, “Que na medida do posible sexan moi felices” (Antonio Mourelos):
  • “Un país é un estado de ánimo e nós necesitamos outro ritmo dentro do corazón” (Berrogüeto).
  • “Poden subir o IVA, recortar en dereitos… pero o talento non nolo poden recortar” (Miguel de Lira).
  • “Queremos seguir haciendo cine porque nos gusta, es lo que queremos hacer” (Somos Xente Honrada).

Finalmente, e a título persoal entre os membros do blog, gustaríanos agradecerlle á Academia a oportunidade que nos deu e a comodidade coa que nos fixeron sentir, e en especial a Natalia Umpiérrez e a Camilo Franco; así como os fotógrafos oficiais contratados pola academia, foi un pracer traballar con vós.

Grazas!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s