Onte publicamos a lista cos triunfadores, hoxe traémosvos a cara que tiñan minutos despois de recibir a preciada estatuíña dos santo dos croques.
Para ampliar as fotos tan só facede clic en caluqera das imaxes.
Alejandro Marzoa recolleu dous premios, aquí ao mellor guión por “Somos xente honrada”.
Mellor película de televisión por “Encallados”.
O xa veterán Jose Ramón Gayoso recolleu o premio ao mellor comunicador, por “Lúar”.
Gayoso, premio ao mellor comunicador, xunto co resto de compañeiras.
Dous membros de Berrogüetto recolleron o premio á mellor música orixinal, por “Inevitable”.
Marta Villar, premio á mellor dirección de arte, co seu colar cos amuletos de San Andres de Teixido.
Adrián Pina, premio á mellor montaxe.
Polémico premio ao mellor videoclip a Piti Sanz, por “Canto de una sirena”.
Premiado ao mellor documental por “Costa da Morte”.
David Machado, Dani Zacarías e Enric Triviño, premiados ao mellor son por “Salgadura”.
O equipo de “Era visto!” co premio á mellor serie de televisión.
Todos os seus alumnos entregaronlle o premio de Honra Fernando Rey a Manolo González.
Premiados á mellor curtametraxe de animación por “Aqua”.
Juan Galiñanes e Olga Osorio premiados á mellor curtametraxe por “3-1=0”.
Premiados a mellor serie web por “Entre pipas”.
Isabel Risco unha das grandes protagonistas da gala co seu reivindicativo discurso. Premio á mellor actriz de reparto.
Isabel Risco unha das grandes protagonistas da gala co seu reivindicativo discurso. Posando de espaldas como cando recolleu o premio.
Premiados ao mellor vestiario por “Salgadura”.
Premiados á mellor programa por “ZigZag”.
Alberto Díaz “Bertitxi” premiado á mellor dirección de fotografía por “Encallados”.
Susana Veira e Erea Pérez premiadas á mellor maquillaxe e peiteado por “Somos xente honrada”.
Ricardo Barreiro premiado á mellor interpretación masculina de reparto por “Somos xente honrada”.
Premiados á mellor longametraxe, por “Somos xente honrada”.
Segunda vez que Alejandro Marzoa pasaba polo photocall dos gañadores, esta vez pola mellor dirección na longametraxe “Somos xente honrada”.
Isabel Blanco esta vez cos seus preciosos pendentes, premiada á mellor interpretación feminina protagonista por “Todos os santos”.
Miguel de Lira, premiado á mellor interpretación protagonista por “Somos xente honrada”.
Premiadas á mellor realización por “Galegos no Mundo”.
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado