Que podemos aprender co #LegadoDoTibu (e II)

tibuComecemos entón a analizar por partes o problema que se nos presenta, se ollamos para a imaxe que encabeza este artigo pronto entenderemos o que está a suceder

Se empezamos polo principio temos que a primeira persoa pasará o reto a outras tres persoas (1×3 persoas serán nomeadas no primeiro paso), esas tres farano a outras tres cada unha (3×3=9 persoas serán nomeadas no segundo paso), cada unha desas 9 a outras tres (9×3=27 persoas no terceiro paso), e así sucesivamente.

Ao final de todo, o número total de persoas afectadas será a suma de persoas que foron nomeadas en cada caso, é dicir:

tibu3

Ou escrito doutra forma:

tibu2

Isto constitúe o que en matemáticas chamamos unha serie xeométrica, algo que os matemáticos escriben desta forma abreviada:

tibu1

Máis a nós non nos importa como os matemáticos escriban ou deixen de escribir esta serie; o único que para nós é importante é o feito de que a suma desta serie crece cada vez máis e máis rápido polo que non serán necesarios demasiados pasos na cadea para que o número comece a ser monstruoso.

Por exemplo, tan so será necesario 11 (22 días) pasos na cadea para que toda a xente dunha cidade como A Coruña estea afectada polo famoso Legado do Tibu, 13 (26 días) para que toda Galicia o estea, 15 (30 días) para que a metade de España o estea e 20 (40 días) para que practicamente todo o planeta estea afectado. Abraiante, non si? En pouco mais dun mes todos os humanos da Terra estarían mollados a causa do condenado Tibu.

Certo é que estamos supoñendo que o xogo está funcionando á perfección, é dicir, que sempre as tres persoas que son nomeadas aceptan a facer o desafío no tempo regulamentario, algo que non sempre sucede. Isto explica o por que de que na práctica a velocidade de propagación non sexa tan grande. Aínda así non deixa de ser alucinante.

tibu5

Todo isto parece divertido se estamos a falar dun xogo como é o caso do Legado do Tibu, pero recordemos que o nome que lle demos a este tipo de propagación: propagación viral, é dicir, que é a asociada a como se estende un virus por unha poboación. Polo que este simple xogo pode darnos unha idea do perigo que pode supoñer unha enfermidade infecciosa nos seres vivos, co agravante que neste último caso non existe o límite de tres infeccións por persoa infectada.

Ao final do artigo podedes atopar unhas táboas que recollen o avance do número de persoas afectadas a medida que imos dando pasos na cadea.

Táboas | As persoas que Tibu mollou

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s