O avance da tecnoloxía sempre é abraiante, tanto que ás veces podemos perder a noción da complexidade das ferramentas que estamos a usar no día a día. Un exemplo disto son os microprocesadores.
Os microprocesadores os circuítos integrados centrais e máis complexos dun sistema informático, onde como o seu propio nome indica se procesa toda a información que manexa dito sistema. A miúdo referímonos a el como o cerebro das máquinas, facendo analoxía cos seres vivos. Ditos elementos xa adoitan a ser bastante pequenos a simple vista, non obstante se puidésemos facer un zoom suficiente poderíamos comprobar a extraordinaria complexidade coa que están formados.
Isto é o que nos mostra o vídeo que encabeza este artigo. Coa axuda dun microscopio electrónico podemos chegar a ampliar a imaxe ata a escala das micras (0,001 mm), mais aínda non é suficiente como para “ver” os transistores, os elementos básicos do microprocesador. Os transistores dos últimos modelos comerciais teñen un tamaño de 22 nanómetros, é dicir, un tamaño de 220 diámetros do átomo de hidróxeno.
Por poñer en comparación, o seu equivalente animal, o núcleo dunha neurona mide aproximadamente 1 micra (1000 nanómetros).