Canta xente me copiou o apelido?

apelidos

Apelido.- (do latín appelitu) m.1. Nome de familia co que se distinguen as persoas. 2.fig. Nome particular dado a varias cousas.

Estudar os apelidos sempre me pareceu interesante, pois non deixa de ser unha forma de indagar no teu pasado familiar; dito dunha forma máis solemne (moi acorde nestes tempos), trátase de explorar a túa dinastía, por humilde que esta sexa.

Esta vez traemos unha ferramenta chamada Cartografía dos apelidos de Galicia (CAG), desenrolada desenvolvida pola polo Instituto da Lingua da USC. O principal obxectivo deste proxecto é o de proporcionar información sobre a difusión dos distintos apelidos sobre o territorio galego. Desta forma, usando os datos que o INE proporciona á Real Academia Galega, púidose plasmar sobre un mapa a distribución territorial para cada apelido.

Usando esta ferramenta descubrimos por exemplo que existen 823 persoas que posúen o apelidos Castelao en Galicia das cales 201 están no concello de Santiago de Compostela ou que no concello lucense de Sarria (duns 13 000 habitantes) existen tantas persoas co apelido López ca en Ourense e Santiago xuntas (duns 200 000 habitantes entre as dúas).

A continuación deixámosvos o enlace á citada páxina para que xoguedes por vós mesmos e nos contedes nos comentarios os vosos descubrimentos.

– CARTOGRAFÍA DOS APELIDOS DE GALICIA –

Imaxe de cabeceira | Tagxedo

Advertisements

One Comment Add yours

  1. Odanzarínherdeiro di:

    Buscando o apelido con menos ocorrencia… probei con Grobas, probei con Colmenero… pero o que se leva a palma é Berridi, con só 17 ocorrencias en toda Galicia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s