5 dos parasitos máis terroríficos do planeta

Dentro dos parasitos podemos atopar seres que teñen ciclos vitais certamente terroríficos polo menos dende a perspectiva do ser humano. E é que algúns lles fan cousas crueis aos seus hospedes. Dentro desta lista atopamos dende casos de zombificacións ata animais obrigados ao suicidio polos seus parasitos ou animais que rematan cos seus órganos substituídos polo hospede.

Advirto dende un principio que este artigo non é apto para os estómagos máis sensibles.

Leucochloridium 

Esta é unha especie de verme parasito cun ciclo de vida bastante peculiar.

Na primeira parte da súa vida empregan como hospede a un caracol: Despois de acabar a súa fase larvaria no sistema dixestivo caracol, invaden os seus ollos causando unha transformación dos seus tentáculos oculares,facéndoos parecer eirugas suxerentes movéndose continuamente.

A presenza do parásito no caracol provoca unha desviación da conduta normal do caracol, o caracol infectado busca zonas abertas e soleadas (o contrario ao que faría un caracol san). E por isto que se di que o caracol actúa como un zombi ao servizo do verme. Podedes ver neste vídeo un caracol infectado:

Neste estado o caracol convértese en presa moi fácil para as aves. Despois de ser depredado e inxerido o caracol pola ave os  verme desenrolan o seu estado adulto no sistema dixestivo da ave. Alí reprodúcense sexualmente dando lugar a ovos que serán liberados nas feces do ave. Os ovos serán consumidos por caracois completando deste xeito o peculiar ciclo vital do parasito (Leucochloridium)

 

Cymothoa exigua

Cymothoa exigua é o parasito come-linguas. Por sorte para os humanos practicamente só afecta a unha especie de pez chamada pargo vermello. Trátase dun crustáceo parasito da familia Cymothoidae. O crustáceo pégase na lingua do peixe anfitrión mediante tres pares de patas dianteiras e empeza a beber o sangue que lle chegaría a lingua. A medida que o parasito crece, a lingua do peixe se atrofia xa que non lle chega sangue ata o punto da total desaparición da lingua. Neste momento o parasito fíxase no lugar que antes ocupaba a lingua e substitúe todas as funcións que tiña a anterior lingua ata o punto que o peixe a emprega como así fóra. O final desta historia ten un final bastante ‘feliz’ xa que o peixe coa nova lingua pode alimentase normalmente e o parasito que antes se alimentaba do sangue da lingua comeza a alimentarse de mucosas. As imaxes do peixe coa nova lingua son realmente sorprendentes.

cymothoa-exigua

Este caso constitúe o único do reino animal no que o parasito substitúe totalmente as función dun órgano. Podería case considerarse case simbiose e non parasitación.

 

 

Avespa parásita 

Neste vídeo de National Geographic podemos ver como as larvas da avespa se desenrolan dentro do corpo da súa vítima ata o momento perfecto para sair. Fóra do corpo as larvas empezan unha nova fase de xestación creando un casullo. A pobre eiruga segue viva en vez de crear o seu propio casullo emprega a súa seda en reforzar o casullo das larvas. Esgotando os seus últimos días defendendo as larvas de avespa.

 

 

Sacculina

A Sacculina é un xénero de parasitos dos cangrexos. Estes parasitos chegan a apoderarse totalmente do seu hospede ata o punto de que nun cangrexo infectado ata un 50 por cento do peso do mesmo é da sacculina. O mecanismo polo que este ser logra enganar ao seu hospede é bastante curioso.

As femias larva de Sacculina logran introducirse dentro do corpo do cangrexo a través das unións da súa cuncha. A Saccullina crece dentro do cangrexo emerxendo parte do seu corpo en forma de saco na parte traseira do tórax do cangrexo (ver foto).

 

Sacculina_carcini

 

A sacculina se apodera da maior parte dos fluidos corporais do cangrexo. En este punto cangrexo non seguirá a súa vida con normalidade senón que estará supeditada ao seu hospede. Os parásitos macho entran dentro do corpo do cangrexo e fertilizan os ovos do parásito femia. O curioso do asunto ven agora xa que a sacullina esteriliza o cangrexo e faille producir as hormonas para que crea que os ovos da saculina son os seus. O máis sorprendente é que que se o cangrexo infectado é macho a sacculina primeiro faille creer que é cangrexo femia (con hormanas) para que poida coidar dos ovos.

A partir de entón o cangrexo fará todo aquilo que farían os cangrexos femia cos seus ovos, os coida e os protexe e chegado o seu momento os espalla como se foran seus.

 

 

Ameba cerebral

Crías que o ser humano estaba libre deste tipo de parasitos? O certo é que non aínda que en menor medida existen parasitos que afectan ao noso sistema nervioso.

Estes microorganismos, coñecidos como  Naegleria Fowleri, son responsables de varias mortes ao ano. É unha ameba que vive nos sedimentos de barro, a través do nariz logran aloxarse no noso cerebro, o peor é que usan a nosa materia gris como alimento.

As persoas infectadas con este parasito comezan a sentirse ‘raras’. O síntomas iniciais son o dor de cabeza, febre, vómitos e rixidez na gorxa. Co tempo a ameba consume máis tecido cerebral e os síntomas empeoran: confusión, falta de equilibrio, alucinacións, convulsións e finalmente morte.

Como conclusión podemos dicir que aínda que o estilo de vida dos parasitos nos pareza asqueroso e desprezable debemos darnos conta de que só son seres vivos que atoparon un modo alternativo de existencia e de que non son outra cousa que frutos da evolución.

Advertisements

One Comment Add yours

  1. ODrosszarín di:

    “Si el post te gustó, por favor, dale pulgar arriba y compartelo con tus amigos. Eso me ayudaría mucho a hacer más trabajos así.”
    XDD

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s