Entrevista ás “Ataque Escampe”

A luz do solpor tinguiu de vermello o ceo mentres unha voz solitaria entoaba unha singular melodía. O canto dun paporroibo como único fan viu como chegaba a guitarra. O rexoubo do vento nas ramas dun carballo próximo puido sentir como se lles unía o baixo. Un peixe que pasaba por alí, puido escoitar como facía aparición un teclado. E xa cando o vermello do ceo estaba a punto de deixar de selo, xurdiron un par de baquetas e a voz deixou de ser solitaria e a guitarra empezou a soar, o baixo seguinos e o teclado acompañounos.

Coa posta de sol como amante, os cinco instrumentos dedicáronlle unha á vermella paisaxe.

ataque escampe

Ataque Escampe son:

  • Álex Charlón
  • Miguel Mosqueira
  • Roi Vidal
  • Samuel Sonlleiro
  • Xoán Lois García

E estas son as verbas que erdati conseguiu arrincarlles:

1. Podédesnos falar dos vosos inicios? Como é que rematastes ensaiando na residencia universitaria Monte da Condesa?

> Coñecémonos en 2001 na universidade e un de nós vivía nesa residencia, así que ensaiamos alí durante un ano. Non ten a máis mínima relevancia nin lle temos unha especial querencia ao sitio.

2. Tedes algún grupo referente?

> Cada día vai cambiando. É mellor así.

3. A música para vós é un hobbie ou profesión?

> Un hobbie, que remedio.

4. Como foi o proceso creativo que seguistes no Disco Vermello?

> Xuntámonos en agosto de 2013 para facer sesións de improvisación. De aí saíron quince músicas que despois traballamos até marzo, gravando maquetas caseiras. Deses quince escollemos once para o disco e unha para un EP do noso selo, Discos da máquina, que sairá en breve, e puxémoslles letra. Os outros tres fican na reserva.

5. Seguro que vos teñen pasado unhas cantas cousas raras ao longo da vosa carreira, que foi o máis raro que vos pasou nun concerto?

> Sempre pasa algo raro. Tampouco temos un ránking de anécdotas. O que si que temos é unha serie de posts no noso web, para quen lle interesen estas cousas: http://www.ataqueescampe.org/2012/04/dez-violentos-anos-xuntas-cronica-do.html

6. Lígase máis estando nun grupo de música?

>Non sabemos. En xeral ligamos pouco.

7. Seguramente xa volo teñan preguntado, pero temos que facelo. Como vedes o panorama da música galega?

> Interesante no creativo pero precario no material. O estilo festivo ou de pachanga segue sendo o rei, sobre todo en volume de directos.

8. Sabiades que hai unha entrada na wikipedia do grupo en catalán? Ata onde contades con expandirvos?

>O noso primeiro obxectivo é conquistar o continente euroasiático. Despois xa pensaremos en América e tal…

Portada do último traballo das Ataque Escampe, o Disco Vermello
Portada do último traballo das Ataque Escampe, o Disco Vermello
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s