A crema solar non serve para nada…

sol1

isto é o que parece que moitos pensan ao non usar estas locións cando van á praia ou á piscina. O peor de todo é que a maioría destas persoas coñecen os riscos aos que se expoñen, pois as incansables campañas que todos os anos escoitamos nos medios fan que sexa imposible ignorar o potencial perigo da radiación solar, en concreto da radiación ultravioleta (UV) que a compón.

As molestas queimaduras solares e mais o cancro de pel son dous claros exemplos das consecuencias que trae consigo a exposición solar no verán, aínda así hoxe traémosvos un exemplo moito máis sorprendente.

A patoloxía da que estamos a falar é a dermatoheliosis unilateral (estes médicos sempre cos seus tecnicismos). Trátase dun caso bastante raro no cal unha parte da cara envellece máis rápido cas outras.

A dermatoheliosis unilateral fai que un dos a lados da cara envelleza máis á présa ca o outro.
A dermatoheliosis unilateral fai que un dos a lados da cara envelleza máis á présa ca o outro.

Esta patoloxía foi observada nun home de 69 anos ao cal o seu traballo de condutor de camións fixo que durante 28 anos o lado esquerdo da súa cara sufrira unha maior exposición aos raios UV-A (ultravioleta A), os cales aos estar próximos á frecuencia da luz visible no son bloqueados polo vidro, ao contrario dos raios UV de maior frecuencia. Isto fixo que sufrira unha serie de problemas asociados a esta exposición acelerando o envellecemento da pel, mais só dun lado, deixando ao outro envellecer a un ritmo normal.

É por isto que esta imaxe pode ser tomada como unha unha visión a dúas liñas temporais alternativas, a dereita na que este home non infravalorou os riscos da radiación solar e a esquerda na que decidiu ignorar os seus perigos. Dúas decisións, dous destinos.

O certo é que non hai que ser tan melodramático pois lembremos que esta patoloxía non é moi común, aínda así non deixa de ser un aliciente a maiores para non deixar o protector solar na casa.

Vía | The New England Journal of Medicine

 

 

Advertisements

2 Comments Add yours

  1. Unha entrada xenial cunha temática que eu como enfermeira considero de vital importancia e que para moitos non son máis que falacias…

    1. artai di:

      Este é un claro exemplo no que unha imaxe pode ser moito mais convincente que miles de argumentos 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s