…isto é o que parece que moitos pensan ao non usar estas locións cando van á praia ou á piscina. O peor de todo é que a maioría destas persoas coñecen os riscos aos que se expoñen, pois as incansables campañas que todos os anos escoitamos nos medios fan que sexa imposible ignorar o potencial perigo da radiación solar, en concreto da radiación ultravioleta (UV) que a compón.
As molestas queimaduras solares e mais o cancro de pel son dous claros exemplos das consecuencias que trae consigo a exposición solar no verán, aínda así hoxe traémosvos un exemplo moito máis sorprendente.
A patoloxía da que estamos a falar é a dermatoheliosis unilateral (estes médicos sempre cos seus tecnicismos). Trátase dun caso bastante raro no cal unha parte da cara envellece máis rápido cas outras.

Esta patoloxía foi observada nun home de 69 anos ao cal o seu traballo de condutor de camións fixo que durante 28 anos o lado esquerdo da súa cara sufrira unha maior exposición aos raios UV-A (ultravioleta A), os cales aos estar próximos á frecuencia da luz visible no son bloqueados polo vidro, ao contrario dos raios UV de maior frecuencia. Isto fixo que sufrira unha serie de problemas asociados a esta exposición acelerando o envellecemento da pel, mais só dun lado, deixando ao outro envellecer a un ritmo normal.
É por isto que esta imaxe pode ser tomada como unha unha visión a dúas liñas temporais alternativas, a dereita na que este home non infravalorou os riscos da radiación solar e a esquerda na que decidiu ignorar os seus perigos. Dúas decisións, dous destinos.
O certo é que non hai que ser tan melodramático pois lembremos que esta patoloxía non é moi común, aínda así non deixa de ser un aliciente a maiores para non deixar o protector solar na casa.
Vía | The New England Journal of Medicine
Unha entrada xenial cunha temática que eu como enfermeira considero de vital importancia e que para moitos non son máis que falacias…
Este é un claro exemplo no que unha imaxe pode ser moito mais convincente que miles de argumentos 😉