Es un adicto as redes sociais? Comproba se tes algún dos 10 síntomas

Fai máis ou menos uns 6 anos estalou o boom das redes sociais impulsado principalmente por Facebook e o incremento dos smartphones no mundo. As redes sociais son hoxe en día unha fonte de moita información pero tamén unha posible forma de interacción.

Non obstante algunha xente leva ao límite o emprego das redes sociais, ata o punto de volverse unha adicción para moitos: A adicción en xeral é a dependencia de algún tipo de entrada (non ten por que ser unha substancia) para o cerebro que crea desexo ou necesidade da mesma. O emprego obsesivo de twitter ou facebook tamén pode supoñer unha adicción.

Recentemente aparecía nos medios unha sorprendente noticia. Segundo un estudo a adicción ás redes sociais activa a mesmas áreas do cerebro que drogas coma a cocaína ou o éxtase.

F100005157

Podes comprobar facilmente se ti es un adicto das redes sociais ou estas no camiño. Se cumpres varios dos seguintes síntomas deberías reorientar a túa relación con internet.

  1. Se o primeiro que fas todas a mañas é consultar algunha rede social.
  2. Se te desesperas se nun intre se interrompe a conexión a internet.
  3. Se estás comprobando as túas contas nas redes sociais 20 ou máis veces ao día.
  4. Se non podes irte de fin de semana sen o teu portátil.
  5. Se tes máis amigos en facebook que na vida real.
  6. Se non podes deixar o móbil en casa ou quedarte sen batería (nomofobia) xa que te sentes illado do resto cando non podes consultar facebook e twitter mentres que estas fóra.
  7. Se te deprimes cando non recibes RT ou likes nas túas publicacións.
  8. Se empregas o móbil mentres que vas camiñando.
  9. Se o primeiro que se te ocorre cando te chega o prato de comida á mesa é sacarlle unha foto para compartilo en Instagram.
  10. Se comprobas as últimas actualizacións de facebook e twitter dende a cama xusto antes de durmir.

As redes sociais forman parte da nosa vida e non podemos volver para atrás deixando que desaparezan, iso non quere dicir que non debamos usalas con sentidiño. Poden seguirse unas pautas moi sinxelas para poder desfrutar das redes sociais sen risco. Como por exemplo fixar certas zonas do dia para o emprego de internet ou tratar de evitar o seu uso cando estamos acompañados.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s