Como funcionan os abanicos

Estás na sala de espera do dentista en pleno verán, as temperaturas son asfixiantes nunha habitación chea de xente e como única ferramenta tes una revista.

Parece intuitivo que se a usamos como un abanico nos refrescará e de feito isto é o que sucede, pero, por que?

A explicación pódese estender non só aos abanicos, tamén aos ventiladores ou ao simple movemento do aire coas mans para intentar calmar a tortuosa calor.

A idea é simple e directa, móvese o aire que nos rodea, pero afondemos algo máis nisto.

Aliviar calor

Ao mover o aire que está en torno a nós o que realmente facemos é cambiar aire húmido por aire seco, aire que admite auga.

Así, a suor que está na nosa pel tratará de pasar ao renovado aire nun proceso que se chama endotérmico, isto quere dicir que para poder pasar da nosa pel a estar mesturada co aire, absorberase calor do noso corpo xerando así en nós unha sensación de frescura.

Indo máis aló, ao eliminar parte da suor que temos no corpo, evitaremos tamén esa sensación de molestia ao pegársenos a roupa ao corpo ou ao chorrear por todos os poros da nosa pel ese salgado líquido.

Unha explicación similar podería aplicarse ao motivo de que se seque a roupa cando a colgamos na ventá, a auga que esta ten pasa ao aire que a rodea.

Indo xa por último un pouquiño máis aló, vemos que un secador é un aparello do máis completo pois non só renova o aire húmido, se non que ademais quéntao.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s