5 consellos para estender a vida dunha batería

bateria

Na nosa imparable busca dunha maior comodidade nos dispositivos tecnolóxicos un elemento que está tendendo a desaparecer son os cables. Este feito provoca as baterías recargables comecen a ser unha parte esencial en todos os nosos trebellos electrónicos.

Concretamente as chamadas baterías de ión de litio (Li-Ion). Este tipo de baterías son as que subministran enerxía a case todos os aparellos electrónicos xa sexan smartphones, tablets, portátiles, reloxos intelixentes, etc. E o certo é que non son poucos os mitos que existen en canto ao coidado que estas requiren coa fin de alargar ao máximo o seu período de vida útil.

É por isto que decidimos investigar e descubrir que é os expertos neste tema recomendan para coidar ao noso querido subministrador de enerxía:

  • Non é necesario, é mais, é preferible evitar descargar totalmente a carga antes de conectalo a corrente. Ao deixar a batería 0% fará que cando esta se comece a cargar se excite demasiado reducindo a súa durabilidade.
  • No caso de que sexa posible, é mellor cargar a batería de “a poucos” que mediante unha carga completa. A batería excítase demasiado e aumenta a súa temperatura coas cargas completas. O ideal sería manter en todo momento a batería entre un 40% e un 80%. Aínda así, é recomendable realizar unha carga completa de 0% a 100% unha vez ao mes.
  • A pesar de que non é moi daniño, é preferible ter apagado o dispositivo mentres se está cargando.
  • Se vas a almacenar durante un tempo prolongado unha batería sen usar, o ideal sería facelo coa carga á metade do total.
  • As baterías de litio veñen xa programadas para que o cargador non subministre máis enerxía unha vez están ao 100% polo que, en xeral, non hai ningún problema con ter o aparello conectado á corrente cando este xa está totalmente cargado. Aínda así, especialmente cando esteamos a usar o dispositivo, o feito de estar perdendo carga e recobrándoa continuamente ao tope co cargador pode sobre-quentar a batería, algo que sería prexudicial.

Como vemos o único parámetro ao que son especialmente vulnerables este tipo de baterías é a temperatura. Polo que recordade ter coidado con deixar o dispositivo que esteamos a utilizar ao sol pois á súa batería non lle gustará a idea.

Fonte | BatteryUniversity.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s