10 fotografías icónicas

Neste artigo faremos unha recompilación dalgunhas das fotos que tiveron moita repercusión nos seus días e hoxe en día convertéronse en iconas. Son fotos especiais por diferentes razóns,  algunhas polo momento histórico no que foron feitas, outras polo impacto que produciron na sociedade da época.  Moitas de estas fotos son importantes porque supuxeron cambios no mundo de cando foron publicadas. O que teñen todas en común é que quedaron gravadas nas nosas retinas.

A nena afgá

niña afgana

A nena da foto se chama Sharbat Gula, foi fotografada nun campamento de refuxiados de Pakistan durante a guerra de Afganistán. A foto foi publicada no National Geografic converténdose nunha das portadas máis famosas da historia de dita revista.

Alzamento da bandeira en Iwo Jima

 

bandera

A fotografía mostra a cinco marines e un médico da Armada alzando a bandeira americana no monte Suribachi na batalla de Iwo Jima na Segunda Guerra Mundial. É considerada como a instantánea de guerra máis importante da historia e unha das fotografías máis reproducidas.

Che Guevara

che

Nesta foto aparece o líder revolucionario cunha boina negra mirando ao lonxe. Esta foto foi editada para conseguir unha foto en dúas cores converténdose esta edición nun verdadeiro símbolo revolucionario. A partir de entón a fotografía aparece en incontables pósteres, camisetas …

Portada Abbey Road

beattles

 

Posiblemente unha das portadas máis famosas e imitadas da historia da música. Nela aparecen os catro membros do famosísimo grupo musical cruzando unha rúa (Abbey Road en Londres) moi próxima aos estudos de gravación dos Beatles.

Home na lúa

astronauta

Existen varias fotos icónicas sobre a chegada do home á lúa. A importancia desta foto reside no momento histórico que representa.

Bico en Times Square

kiss

Esta fotografía chamada V-J Day in Times Square retrata a un marine estadounidense bicando a unha muller vestida de branco durante as celebracións da vitoria sobre Xapón en Time Square

Fotografía do Napalm

napalm

Kim Phuc tiña 9 anos cando un avión do exercito survietnamita bombardeou o seu pobo. Esa instantánea tomada o 8 de xuño de 1972 mostrou os horrores da guerra á sociedade internacional ata o punto de que a foto foi decisiva para acelerar a fin do conflito.

O home do tanque

tiananmen

Esta foto mostra a un home frente a unha columna de tanques na revolta da praza de Tiananmen de 1989. A imaxe foi capturada un día 5 de Xuño por tres fotógrafos dende as terrazas do hotel Beijing

O neno e o buitre

niñobuitre

Na foto parece que un buitre esta esperando a oportunidade para atacar ao neno famélico. Certamente tivo moita repercusión internacional pero o certo que esta foto non é o que parece. O neno leva unha pulseira da ONU e atópase moi preto do seu poboado, asistido pola coperación internacional. A foto foi tomada nun vertedeiro usado polos habitantes do poboado para defecar e polos buitres para comer.

Obreiros na viga en Nova York

viga

 

Esta foto chamada Lunch atop a Skyscraper é unha fotografía famosa en branco e negro tomada durante a construcción do edificio RCA. Nela amósanse os obreiros dun rañaceos na hora do almorzo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s