Akira Yoshizawa

Nado na prefectura nipona de Tochigi no ano 1911 e morto en Tokio no 2005, Akira Yoshizawa é coñecido como un dos grandes mestres do origami moderno. Estímase que en 1989 xa fora autor dunhas 50000 figuras.

Biografía

  • 1911: Nace en Tochigui
  • 1915: Unha veciña regálalle unha figura feita con papel de periódico
  • 1937: Empeza a dedicarse profesionalmente ao origami
  • 1954: Publica o seu primeiro libro (“Origami Geijutsu”)
  • 1983: Recibe a Orde do Sol Nacente (Un dos maiores honores en Xapón)
  • 1998: Propónselle exhibir as súas figuras no Louvre de París
  • 2005: Morre á idade de 94 anos tras complicárselle unha pneumonía

Akira Yoshizawa

Arte de seu

Yoshizawa foi o pai de numerosas técnicas, entre elas, a que pasaría a ser a máis característica, a do pregado húmido (antes de dobrar, humedécese o papel de xeito que as dobreces son moito máis naturais, resultando figuras de maior realismo).

Acollendo con orgullo a definición puritana de origami, en ningún momento usaría nin tesoiras nin cola na creación das súas figuras.

 

Sistema de notación Yoshizawa-Randlett

Tamén foi responsable de axudar a introducir a que sería a notación internacional nos libros de origami.

Neste código, introduce raias e puntos para simbolizar os pregamentos cara dentro ou cara afora.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s