Por que non te lavas? (I): Alexander Felming

flemingComezamos unha nova serie de artigos coa cal queremos, cun toque de humor, facer entender o compoñente aleatorio presente en calquera acción (no noso caso descubrimento) que pode facerte saltar á fama. A un dos científicos ao que os seus colegas lle deberon facer esta pregunta, que da título a esta serie, foi o escocés Sir Alexander Fleming. Os seus dous grandes descubrimentos convertérono nunha eminencia, no que a tratamento de enfermidades se refire, e como veremos o compoñente da fortuna foi bastante claro.

A historia do descubrimento da penicilina é ben coñecida pola maioría da xente. O certo é que a pesar de ser un gran investigador, o certo era que Fleming era bastante desordenado e pouco coidadoso. Froito disto acostumaba a amontoar as placas de Petri coas que traballaba unhas encima doutras unha vez as deixaba de utilizar.

Un día, inspeccionando os cultivos bacterianos das placas antes de destruílos descubriu que unha delas fora contaminada accidentalmente por un fungo. O asombroso dese fungo era que, a pesar de que as placas estaban especialmente deseñadas para cultivar bacterias, nas proximidades do lugar onde este se atopaba a placa era transparente, é dicir, nese lugar as bacterias morrían.

Ese fungo resultaría ser o Penicillium notatum a substancia que este producía naturalmente sería a penicilina.

fleming
Algo similar ao que Fleming observou por primeira vez.

Pero recordade que dixen dous descubrimentos e non era un erro. O certo é que Fleming non era tan só que non se lavase, senón que debeu ter encontrado un milleiro de trevos de catro follas ao longo da súa vida.

Antes da penicilina este investigador británico xa descubrira unha enzima chamada lisozima, a cal tiña tamén un gran poder antimicrobiano. Esta enzima atópase na saliva e nas bágoas e é unha das principais defensas dos humanos fronte as infeccións. E como non, este descubrimento tamén foi accidental.

Mentres estaba manipulando unha das placas de cultivo coas que traballaba Fleming espirrou impregnando a placa de saliva, que recordemos que é un dos lugares nos que podemos atopar a lisozima. Como non, a placa non foi recollida e debidamente limpada e quedou encima da mesa na que traballaba. Uns días máis tarde comprobou, igual que despois coa penicilina, que as bacterias que estaban presentes onde caeran as gotas de saliva desapareceran.

Aínda así, malia que o primeiro eslavón poida ser exclusivamente froito da sorte, é innegable a gran intuición e preparación que debía ter este científico para comprender a importancia do seu descubrimento.


AVISO: Este artigo non ten como obxectivo a descualificación e infravaloración do científico aquí mencionado, nin moito menos. Tan só queremos aproveitar estes sucesos, moitos deles accidentais e case cómicos, para dar a coñecer as situacións nas que se fixeron algúns dos descubrimentos máis importantes da historia da ciencia. Debemos sempre lembrar que todos temos golpes de sorte algunha vez, o único que nos diferenza é como os aproveitamos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s