Somos dependentes dos medios de transporte, para facer as compras, ir á escola ou ao traballo os empregamos. En cada viaxe desperdiciamos o tempo xa que pouco se pode facer mentres estás no coche ou no tren. De feito, calcúlase que de media cada un de nós emprega un ano da súa vida nos transportes. Pero, imaxina unha sociedade na que non se dedicase tempo ao transporte. Imaxina que nun intre podeses estar en calquera parte do globo. Estamos imaxinando o teletransporte.
Sen dúbida a invención do teletransporte suporía un cambio drástico non so para a sociedade actual senón para a civilización humana. Sería un fito comparable á invención da roda ou a do telégrafo. Realmente ata que punto é posible a idea de teletransportar persoas? O primeiro impedimento que se nos ven á cabeza para tal tecnoloxía é que ningún corpo se pode mover a velocidades maiores ca a da luz. O cal nun principio imposibilita a idea do teletransporte.
Non obstante, non todo é tan sinxelo. Experimentos recentes demostraron que era posible o transporte de información empregando un fenómeno cuántico chamado entralazamento cuántico: Dúas partículas que están en estado de coherencia foron separadas grandes distancias, calquera modificación sobre a primeira partícula foi sufrida pola outra. De esta forma ábrese a posibilidade a teletransportar información.
Este teletransporte cuántico está un pouco lonxe da idea inicial pero sen dúbida abre a porta a novas posibilidades. Imaxinádevos que logramos escanear toda a información contida no corpo dunha persoa e empregando o teletransporte cuántico a mandamos a outro lugar onde se puidera replicar o corpo exactamente seguindo a dita información. Teríamos varios problemas como o feito de analizar e codificar toda a información contida nun individuo ou o feito de que sobra un corpo pero sería unha posibilidade para teletransportar persoas.
De todas formas aínda que algún día chegásemos a unha tecnoloxía semellante nin o escritor nin os lectores de este artigo poderíamos chegar a ver tal avance (espero equivocarme) . Polo que temos que conformarnos cos cada vez máis rápidos medios de transporte convencionais.
De chegar a desenrolarse unha tecnoloxía capaz de almacenar toda a información dun ser humano para logo reproducila nun sitio remoto sen que esta sufra ningunha variación significaría un profundo trauma en canto a importantes estamentos filosóficos e relixiosos como é a alma. A súa existencia quedaría totalmente en entredito ou polo menos a idea tradicional que temos dela.