Un avó do blues: “Paul Butterfield”

Cantante de blues, de instrumento a harmónica.

Paul Butterfield

Vida

Nado en Chicago no 1942, tocou o mundo da música da man da frauta.

Foi maduro o seu interese polo blues e máis en concreto a harmónica neste estilo.

Cando nos anos 60 Butterfield foi á universidade, entrou en contacto cun aspirante a guitarrista de blues (Elvin Blishop), ambos empezarían a dedicarlle máis tempo á música que aos estudos ata converterse en músicos a tempo completo.

Sería neste momento da súa vida cando atoparía a oferta de tocar regularmente no Big John’s (un club de folk con bastante renome no lugar) e sería precisamente a base da súa sona acadada neste lugar como conseguiría coñecer ao produtor Paul A. Rothchild e asinar por Elektra Records para xa no ano 1965 sacar o seu primeiro álbum “The Paul Butterfield Blues Band” (que levaría na cabeza o tema “Born in Chicago”), álbum que acadaría un gran éxito no mundillo.

A pesar do éxito, a traxectoria do grupo axiña mudou, os compoñentes cambiaban e aínda que seguía acadando éxitos considerables Butterfield estaba cada vez máis a un lado.

De feito, mentres todo isto acontecía, Paul gravou un dos temas (“Love March”) do disco do 40 aniversario de Woodstock.

Despois de deixar o seu primeiro grupo e de estreitar relacións cos seus compañeiros de Woodstock, fórmanse os “Paul Butterfield’s Better Days” e máis tarde, seguiría a súa carreira musical en solitario.

En 1987 participaría no concerto B.B King & Friends (acompañando a cantantes do calibre de Eric Clapton).

O 4 de Maio de 1987 Paul Butterfield morrería no seu apartamento na cidade de Los Ángeles á idade de 44 anos despois de subministrarse altas doses de morfina.

The Paul Butterfield Blues Band

Legado

No 2006, Butterfield, foi engadido ao Paseo da Fama do Blues.

No 2012 e outra vez no 2013, a “The Paul Butterfield Blues Band” foi nomeada para formar parte do Paseo da Fama do Rock.

Estamos ante unha das máis grandes influencias no mundo da harmónica no Blues, Butterflied abriu portas para as vindeiras xeracións de músicos que ninguén máis se atrevera a tocar por mor de ser tachados de  “pouco auténticos”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s