Autovía ou autoestrada?

Autovía A6 ao paso por RábadeNon sei a vós, pero a min a diferenza entre estes dous tipos de estradas era unha dúbida que nunca conseguía aclarar totalmente. De feito, foi a orixe dalgún que outro debate entre o meu grupo de amigos.

Para a maioría da xente o único que distingue unha autovía dunha autoestrada (chamada a cotío e erroneamente autopista) é o feito de que na segundo hai que pagar unha taxa (peaxe) á empresa que a xestiona ao usala, no caso galego a principal é AUDASA. E o certo é que é doado pensar isto pois en Galicia, efectivamente, coincide que todas as autoestradas que hai posúen peaxe ao contrario das autovías. Polo resto, o certo é que semellan idénticas.

O problema aparece ao atopar entre as estradas andaluces a A-49, a autoestrada do Quinto Centenario, unha autoestrada libre de peaxe que une Sevilla, Huelva e o sur de Portugal.

Isto desmonta totalmente nosa definición previa. Tiña que haber algún outro elemento que distinga ambos tipos de estradas. Polo que decidín buscar directamente na normativa da DXT cal era a definición de cada elemento. E resulta que a diferenza é moi sutil:

Autovía. Estrada especialmente proxectada, construída e sinalizada como tal que ten as seguintes características:

  • Ter acceso limitado acceso á mesma as propiedades lindantes.

[…]

Autoestrada. Estrada que está especialmente proxectada, construída e sinalizada como tal para a exclusiva circulación de automóbiles e reúne as seguintes características:

  • Non ter acceso á mesma as propiedades lindantes.

[…]

O resto das características eran exactamente ás mesmas. Como vemos a diferenza reside no acceso que as propiedades que limiten coa estrada teñen a ela; e ademais que a segunda está especialmente deseñada para a circulación de automóbiles (excluíndo polo tanto a circulación de vehículos especiais).

Polo que ao final a diferenza entre ambas vías é practicamente nula, pois rara vez as propiedades lindantes teñen acceso directo a unha autovía.

Para rematar, cómpre aclarar cales son logo os símbolos de cada vía. Por un lado teremos a notación A-##, correspondente ás autovías e autoestradas libres de peaxe, e por outro a AP-##, correspondente ás autoestradas de peaxe. Polo que vemos que a P que aparece na segunda refire a peaxe, non a pista, como poderíamos pensar nun principio.

Fonte | Normativa da DXT (en castelán) [Definicións autovía e autoestrada páx. 65-66, definición de automóbil páx. 60, definición de vehículo especial páx. 62]

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s