É certo que só usamos o 10 % do cerebro?

Ultimamente estamos sendo bombardeados coa publicidade de certa película (da que no farei máis publicidade) na que o argumento principal é que unha muller logra superpoderes ao espremer ao máximo a capacidade do seu cerebro. Este disparatado argumento baséase nunha crenza amplamente aceptada na sociedade que é que as persoas normais só poden empregan o 10 por cento do cerebro.

Pois o certo é que a resposta ao título do artigo é NON. Existen varios argumentos que desmontan completamente o mito. A forma máis directa de comprobar que non é certo, é facer unha resonancia magnética funcional para visualizar a actividade cerebral dunha  persoa que pensa. Desta forma pódese comprobar que simples accións como cerrar e abrir o puño da man ou falar requiren da actividade de moito máis que a décima parte do cerebro.

FOTO CT 1.JPG

Sen recorrer a aparellos caros tamén podemos desmontar este mito empregando o argumento evolutivo: Para que quereríamos ter unha masa cerebral tan grande se só necesitamos o uso do 10 % ao mesmo tempo. Sería ademais unha perda de recursos non asumible para o organismo tendo en conta que manter o tecido cerebral vivo gasta o 20 por cento do osíxeno que respiramos.

O mito é erroneamente atribuído a Albert Einstein. Pero o certo é que a orixe do mito é difícil de atopar. A confusión pode vir do feito de que só unha décima parte das células do cerebro son neuronas, o resto son células gliais que se encargan de ‘coidar’ as neuronas, funcionan como soporte e axudan a manter a homeostase. Pero estas células son completamente distintas ás neuronas e non poderían ser de ningún xeito empregadas para aumentar a capacidade cerebral.

PET-image

O certo é que o mito aínda que sexa totalmente falso garda unha certo mensaxe esperanzadora. A posibilidade de que todos teñamos un potencial enorme oculto soa moi ben. Non obstante, aínda que non sexa certo o mito a capacidade do ser humano para superarse é realmente abraiante. E sen axuda de contos sobre o potencial do cerebro, podemos chegar as metas que nos propoñamos.

Advertisements

One Comment Add yours

  1. Odanzaríndemente di:

    Rinme moito con este post. Non porque esté mal, nin moito menos, pero me parece que se nota moito a indignación.
    Eu tamén me indignei moito no seu momento, xa que sabía que eu mesmo, ó danzar, utilizaba un oitenta por cento do meu cerebro. Pero bueno, despois dinlle unha volta máis, e non creo que a película queira extender o mito, simplemente é unha historia de ficción máis.
    E de todas todas, a película se desmonta soa no momento en que a xente vaia buscar “komo utilisar mas porsntje de mi serebro” e se atopen con este post.
    Por certo! Detectei dúas erratas: no segundo parágrafo pos “dunha unha” e no carto puxéches “Eistein”.
    Un saúdo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s