Introducción ao campo magnético

on

Dende un pequeno imán ata o mesmo Planeta Terra, pasando pola xeración de enerxía ten presente o campo magnético. Non é un fenómeno demasiado entendido e incluso ás veces pode resultar pouco intuitivo, pero é tan achegado a nós e está case tan presente na nosa vida cotiá como a electricidade; así que intentemos entender os seus fundamentos.

Para definir campo magnético, definamos primeiro campo. Un campo, no sentido físico da palabra é unha anomalía (unha perturbación) nunha rexión do espazo, hai moitos tipos de perturbacións posibles, pero nós centrámonos nunha, a magnética.

Pois ben, o campo magnético é a perturbación nunha rexión do espazo coa propiedade de exercer  forza sobre cargas en movemento. Isto pode non parecer moi importante, pero se llo sumamos a que os átomos están formados por electróns (e protóns) que están en continuo movemento dentro de todos os obxectos que coñecemos, entenderemos algo mellor a magnitude do asunto.

Representación do campo magnético terrestre.
Representación do campo magnético terrestre.

Orixe dos imáns

Ata agora explicamos por encima como actúa a forza magnética, pero seguimos sen saber como orixinala.

Pois paradóxicamente, unha carga en movemento crea un campo magnético, canto máis rápido se mova e canto máis grande sexa a súa carga, máis forte será o campo que cree.

Como acabamos de explicar, todo átomo ten asociada (como mínimo) unha carga en movemento, así que realmente, a materia en si é un imán en potencia. Por que non todos os corpos son imáns? Por que, entón, os cans e os gatos non se atraen?

Cando falamos de corpos estamos falando de moitísimos átomos (para que vos fagades unha idea, se cada persoa da Terra se puxera a contar a unha velocidade dun átomo por segundo os átomos dunha gota de auga, sen descanso ningún, nos levaría máis de 10000 anos rematar a conta) e cada átomo ten electróns que se moven en distintas direccións, así que aínda que cada un, individualmente cree campo magnético, estes anularanse e no balance global o resultado será nulo.

Salvo que se dera o caso que por algún motivo, os electróns se poñan de acordo en xirar na mesma dirección e no mesmo sentido, sumándose todos os campos magnéticos que crea cada un e obtendo como resultado os imáns que nos son máis comúns.

Xa, se damos un paso máis na creación de campos magnéticos, atopamos que se poñemos unha compás preto dun cable polo que pasa electricidade, a compás cambia a dirección na que apunta.

Isto é que o que pasa polos cables conectados non deixan de ser cargas en movemento e o que se crea son, de novo, campos magnéticos.

De feito, este método é un dos máis usados a niveis prácticos porque nos permite controlar o campo como queiramos; é dicir, se nós necesitamos un imán que funcione só a veces e non sempre exerza e mesma forza, usaremos esta forma pois, se deixamos de alimentar o cable, deixará de xerar campo e se xogamos coa intensidade de corrente que por el circula, xogaremos en consecuencia co fluxo de carga que pasa por dentro del e en definitiva coa intensidade do campo magnético obtido.

Estes últimos acostúmase a chamalos electroimáns.

Para representar o campo magnético, o normal é debuxar liñas curvas que teñan a mesma forma que a traxectoria que seguiría unha carga afectada por ese campo. Estas liñas, en xeral, son imaxinarias, simples representacións para que o traballo sexa máis visual, pero hai ocasións nas que podemos visualizar estas liñas, como é o caso deste imán que se rodeou de ferruxe e esta distribuiuse seguindo as liñas de campo magnético.
Para representar o campo magnético, o normal é debuxar liñas curvas que teñan a mesma forma que a traxectoria que seguiría unha carga afectada por ese campo. Estas liñas, en xeral, son imaxinarias, simples representacións para que o traballo sexa máis visual, pero hai ocasións nas que podemos visualizar estas liñas, como é o caso deste imán que se rodeou de ferruxe e esta distribuiuse seguindo as liñas de campo magnético.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s