Cálculos rápidos a preguntas sen formular: CONTAR GOTAS, VOAR…

Preparados, listos… ALÓ IMOS!!!

  • Agora mesmo hai vivos uns 7.200 millóns de persoas, pero se as puxéramos a contar as moléculas dunha gota de auga, supoñendo que cada segundo podemos contar unha molécula, nos levaría uns 9000 anos rematar de contalas; agora ben, os sindicatos estarían furiosos por estarmos traballando as 24h do día, así que en condicións decentes e traballando 8h ao día, como debe ser, estariamos coma quen di, 27.000 anos contando moléculas (dende o Paleolítico Superior na Idade de Pedra).

Pero claro, de aquela non había 7.200 millóns de persoas nin de broma.
Pero claro, de aquela non había 7.200 millóns de persoas nin de broma.
  • Unha persoa media pesa uns 62 kg, isto é así pois os asiáticos ocupan unha gran porcentaxe no censo mundial e por outro lado pesan moi pouco (menos de 60 kg de media). Se collemos o anterior dato, danos que só por humanos a Terra ten unha masa duns 440 millóns de toneladas.
  • A Terra, produce un campo eléctrico neto de 150N/C e como sabemos, as cargas do mesmo signo repélense, así que en teoría, se a cada persoa lle damos a suficiente carga, esta veríase repelida da superficie do planeta e… PODERÍA VOAR! Calculemos esa carga usando o dato da masa de 62 kg que sería a forza a vencer para elevar a cada individuo. Pois ben, facendo uns cálculos rápidos sáenos unha carga de algo máis de 4 C. Aínda que este dato así solto non nos diga nada, vamos a seguir tirando deste fío.
  • Se, como dixemos, hai uns 7.200 millóns de persoas e a superficie total da Terra é de 510.072.000 km2, por cada quilómetro cadrado debería haber 14 persoas (estamos contando a superficie do mar por motivos que axiña explicaremos); é dicir, que cada persoa estaría separada das demais uns 250 m. Ollo! Pero lembremos que temos a toda a humanidade flotando grazas a unha carga de 4 C por cabeza (como están flotando, que máis da que esten sobre o mar o sobre a terra?) e lembremos de novo que as cargas do mesmo signo repélense. Se volvemos a facer uns cálculos rápidos, sairanos que esta repulsión será de aproximadamente 2,4 millóns de newtons. Para que vos fagades unha idea, un camión cun remolque acoplado (dunhas 40 toneladas) circulando a unha velocidade de 100 km/h proporcionaría un choque semellante. Xa se vos quitaron as ganas de voar deste xeito, va que si?

Imaxínate este bicho golpeándote a 100km/h
Imaxínate este bicho golpeándote a 100km/h

 

Ollo, todos estes cálculos son aproximacións (por iso os resultados están dados con pouca precisión). Aínda así serven perfectamente para sacar as conclusións que se obteñen. Se algún atopa algun resultado máis exacto que discrepe sgnificativamente cos nosos cálculos facédenolo saber!

Anexo

(Se algún non está moi familiarizado con algunhas unidades de medida, que intente atopar aquí resposta e se non, non vos cansedes de preguntar):

  • A “C” representa a unidade de medida da carga e lése como “coulomb”.
  • “N/C” representa “newtons partido por coulombs” e úsase para medir o campo eléctrico.
  • A fórmula utilizada no cálculo de forzas de repulsión foi a Lei de Coulomb.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s