A mentira ao descuberto

mentiraSería posible descifrar o que pensa ou sinte unha persoa tras someter o seu cerebro a un varrido electrónico? Pódese ler o pensamento? Segundo nos di a teoría, un pensamento é unha representación mental, unha reprodución interna de estados de cousas no espírito humano. Toda representación mental caracterízase por ter un soporte ou portador e tamén un contido. Cos métodos das ciencias naturais tan so se poden investigar os soportes, pero non os contidos.

Pero o mundo da ciencia lonxe de amedrentarse, sempre decidiu ir un pouco máis aló e apoiados en técnicas de formación de imaxes neuronais, estanse perfilando novos métodos que delatan se unha persoa di ou non a verdade. Estamos ante as denominadas pegadas dactilares cerebrais.

As pegadas dactilares cerebrais non constitúen ningunha utopía, ningún futurible. Descubriunas Lawrence Farwell e os servizos de seguridade de EEUU (CIA e FBI) apoian o desenvolvemento desta nova técnica. Por medio do chamado procedemento Mermer, Farwell proponse obter a partir da característica compoñente P300 das ondas eléctricas cerebrais, informacións precisas sobre vivencias pasadas das persoas aínda que estas queiran ocultar o que saben. Quen percibe un estímulo, o cal queda arquivado inmediatamente na memoria, mostra nun encefalograma, uns 300 milisegundos despois do estímulo, unha caída de tensión eléctrica positiva (a P300).

mentira1Esta caída delata, segundo Farwell con moita fiabilidade se o estímulo correspondente é novo ou non para o probando en cuestión sen importar a natureza do estímulo.

A onda p300 pode ser provocada baixo condicións experimentais concretas existindo un marco teórico que explique a súa aparición. Para poder detectala usarase unha tarefa amplamente usada na neurociencia. O chamado paradigma “oddball”.

Esta tarefa consiste en ir presentando a un suxeito distintos elementos (xa sexan imaxes ou sons) de categorías dispares mentres se lle fai un electroencefalograma. A idea é observar a reacción que se produce no cerebro a medida que estes son percibidos pola persoa en cuestión. O noso cerebro reaccionará de distinta maneira segundo as imaxes sexan familiares ou non; e dunha forma completamente involuntaria. E esa diferenza residirá na no tamaño e amplitude da citada onda P300, sendo esta maior cando os estímulos sexan familiares.

mentiraO procedemento pode parecer similar ao dun polígrafo convencional, non obstante, a principal vantaxe reside en que as variables fisiolóxicas que se teñen en conta son directamente as ondas cerebrais e non da tensión arterial, sudación, etc. Polo que a priori semella moito máis difícil de falsear.

Entre os expertos as opinións son diversas, mentres o seu creador apoia a súa fiabilidade ao 100%, hai quen di que este método tamén pode ser enganado. Finalmente hai críticos que basean as súas obxeccións asentándose nos límites éticos da lectura do pensamento humano.

Mentres tanto, o referido procedemento da P300 xa foi admitido nun proceso xudicial no Estado de Iowa, e actualmente xa no noso país, se está probando en casos tan polémicos como o da desaparición de Marta del Castillo ou Sonia Iglesias ca esperanza de que os sospeitosos non sexan quen de enganar a esta nova proba para poder resolver dunha vez por todas o caso.

Límites e obxeccións a parte, está claro que este tema está destinado a ser obxecto de numerosas investigacións e debates nos próximos anos. A mentira pode ter os días contados.


Por último, agradecer o traballo de FreudΨ na elaboración deste artigo, sen o cal este non sería posible.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s