Hoxe traemos unha noticia recente e é que o pasado luns (15/09/2014) a ESA anunciou o lugar de aterraxe da sonda espacial Rosetta sobre o cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko.
Para aqueles que non teñan idea sobre o que estou falando os porei en antecedentes: Rosetta é unha sonda especial construída e lanzada pola Axencia Espacial Europea (ESA coas siglas en inglés) co obxectivo de realizar un estudo en profundidade do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko. Esta sonda espacial foi lanzada no ano 2004 pero non alcanzou o cometa ata fai ben pouco, concretamente o 6 de Agosto do 2014.
A misión que leva a cabo Rosetta e a máis ambiciosa en canto ao estudo dun cometa nunca realizada non so polo feito de que foi o primeiro artefacto construído polo ser humano que se acerca tanto a un cometa senón que ademais dentro dos seus obxectivos atópase que un módulo da sonda aterre na súa superficie . Unha fazaña realmente complicada e de alto risco.
Dende o 6 de Agosto a sonda leva mandando moita información á Terra como por exemplo fotografías do cometa. Estas fotografías revelaron a súa curiosa forma, o cal non resultou ser esférico como poderíamos ter pensado todos, senón que resultou ter forma de patiño de goma. Con toda a información recompilada os científicos da ESA elixiron 5 lugares potenciais de aterraxe e o pasado luns elixiron o lugar definitivo (Lugar J) que se atopa na cabeza do patiño de goma.
A elección da cabeza e non do corpo obedece principalmente a redución do risco na aterraxe, pero tamén débese a que o lugar elixido non dificulte o funcionamento dos equipos científicos. Ademais dende este punto o módulo non se atopará sombra polo que recibirá a radiación solar suficiente como para recargar as baterías.
A data prevista para que o módulo chegue á superficie do cometa é o 11 de Novembro, se a operación ten éxito poderanse realizar medidas para caracterizar o núcleo do cometa dende un punto de vista completamente novo.
Ata entón estaremos expectantes ante as novidades da sonda Rosetta na súa apaixonante viaxe.
One Comment Add yours