Dous anos!
Dous anos dan para moito, xente.
De feito, dan para (nin máis nin menos) 131 artigos, todos eles orientados a achegarvos críticas de películas, noticias curiosas, datos interesantes… coñecemento…
Dous anos dan para que uns servidores se sintan obrigados a agradecervos o apoio.
Este ano sen ir máis lonxe, demos un gran paso, ao bater récords en seguimento do blog na cobertura dos “Premios Mestre Mateo 2014”.
Dous anos dan para que un modesto blog de dirección web “https://erdati.wordpress.com/” se atreva a dar un gran paso e pasar a chamarse ” https://erdati.com/”. E con isto, un novo deseño, ao noso parecer máis moderno que, esperamos, vos axude a navegar entre todos os nosos artigos (con este que aquí vos escribimos 132) dun xeito máis fluído e estético.
Ao longo dos días estaremos traballando na nova páxina e engadiremos un par de novidades máis, pero queremos que saibades que cumprimos os dous anos con moita ilusión (coa mesma ilusión ca que estreamos páxina) e esperamos que sigades con gañas de acompañarnos neste paso que estamos a dar.
Grazas por estardes connosco!