[SORTEO] erdati vístese de gala!

Para celebrar a saída da nova web, en erdati nos vestimos para a ocasión e queremos que vós tamén o fagades.

Dende este mesmo momento ata as 23:59 do mércores 15 empeza o sorteo dunha das novas  camisolas de erdati.

Si, escoitastes ben, o blog ponse de etiqueta!

logo1.2deg

Escribímosvos aquí as bases:

  • Para participar no concurso tedes dúas vías:
      • Twitter: Seguir á conta de Twitter (ou ser seguidor) do blog e darlle un rechouchío a:

    //platform.twitter.com/widgets.js

      • Facebook: Darlle a “Gústame” na páxina de Facebook do blog e compartir a seguinte mensaxe.
  • Se usades os dous métodos, teredes o dobre de posibilidades de gañar!
  • Unha vez pasado o prazo, publicaremos unha lista na que vos será asignado un número ou serie de números segundo a cantidade de participantes que sexades.
  • Para que a decisión do gañador sexa totalmente imparcial, usaremos o resultado da lotería nacional do sábado 18 de outubro. O número gañador será o resto resultante de dividir o número premiado da lotería entre o número de participantes.
  • Despois disto, poñerémonos en contacto co afortunado para facerlle chegar o seu premio.
  • A participación limítase á Península Ibérica, Illas Canarias, Illas Baleares, Ceuta e Melilla.
Advertisements

2 Comments Add yours

  1. Ubuntu McWindows di:

    Os números da lotería nacional van do 00000 ao 99999, entón se non hai un número de participantes da forma n=(2^s)*(5^r) (s,r enteiros non negativos con tamaños razonables) vai a haber algúns restos con máis probabilidades que outros (aínda que ínfimas). Facendo contas algo ao chou, se hai entre 20 e 30 persoas no sorteo pode haber desviacións de 1/5000 ou 1/3000 (aprox.) Evidentemente ese defecto é moito máis pequeno ca o que afecta a unha moeda calquera (todas teñen algunha pequena imperfección) ao ser lanzada ao aire. Simplemente parecíame curioso resaltalo.

    1. artai di:

      Tes razón, e o certo é que non caéramos na conta. O feito de que o número total de participantes non sexa divisor do número total de papeletas fará que aos participantes que se lle asignen os primeiros números terán máis opcións de gañar.
      Pero como ben apuntas ti, mentres o número de participantes non sexa maior que 30 ou incluso 100 as desviacións non serán maiores dunha posibilidade entre 1000. Polo que finalmente decidimos consideralas desprezables.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s