Cando pensamos nun líquido caro o primeiro que se nos ven á cabeza é un luxoso perfume, un viño moi antigo, se cadra algún champaña de resoado nome… pero nada máis lonxe da realidade.
De feito, a diferenza destes líquidos que acabamos de nomear, o consolidado como líquido máis caro do mundo é moito máis achegado a nós do que cremos, na nosa vida diaria e cotiá pasamos moito máis tempo preto deste que dun champaña cun nome en francés.
Cantas horas ao día pasades lendo algún libro, o periódico, unha revista; en definitiva, calquera cousa impresa?
O líquido máis caro do mundo non é outro ca tinta de impresora.
Fagamos uns pequenos cálculos para ver isto.
Tirando á alta (depende de onde o merques, das ofertas e todo iso) poñámoslle que un frasco de 100 ml de Chanel nº5 custa uns 110€ (pode custar algo máis, pero tamén menos).
Quedaríanos polo tanto un prezo por litro de 1100€.
Unha botella de champaña Dom Pérignon de bo prezo (sen irnos a unidades especiais, lembremos que os cálculos son en promedio) custará sobre uns 1000€ (depende moito da botella que busques).
Se cada botella ten 75 cl, o litro estará a uns 1333€.
Fagamos agora o cálculo coa tinta de impresora. Poñámoslle que cada cartucho leva no seu interior uns 7ml de tinta (de feito poden chegar a levar menos), se cada cartucho nos custa aproximadamente 20€ (tirando para a baixa), facendo uns cálculos rápidos…
Cada litro de tinta de impresora estámolo pagando a uns 2860€!
Menos mal que cada cartucho da para unhas cantas impresións.
Vale que fixemos algunhas aproximacións, pero de feito, tanto no champaña como no perfume tiramos á alta e na tinta máis ben á baixa, así que botádelle vós máis contas se queredes pero o resultado está claro.
Con razón moitos lle chaman sangue de unicornio ;P