Cogomelos mortais

Chegou o outono, e con el tamén os fungos máis coñecidos por todos nós. Estamos falando por suposto dos nosos queridos cogomelos. A devoción por estes seres vivos vai da simplemente culinaria ata a afección de tentar atopar e identificar os cogomelos máis estraños. Digamos que para os afeccionados á micoloxía (ciencia que estuda os fungos) a busca de cogomelos é unha especie de xogo de coleccións, como poden ser os cromos ou mesmo os pokémon.

Existen todo tipo de cogomelos e de todo tipo de formas. Hainos comestibles e de alto valor culinario, pero tamén os hai alucinóxenos ou velenosos. É por iso a que moita xente posúe certo temor a inxerir este tipo de alimentos. E o certo é que adoita a ser pouco recomendable consumir calquera cogomelo que atopemos nunha fraga. Ao menos sen ter algo de coñecemento sobre como identificar as distintas especies.

Sen ningunha intención de metervos o medo no corpo, hoxe traémosvos algunhas das especies máis perigosas da natureza. Das cales algunhas tan só un pequeno bocado pode ser suficiente para causar a morte.

Lepiota Brunneoincarnata

lepiota-brunneoincarnata

Trátase dun cogomelo pequeno cun sombreiro de non máis de 4 cm de diámetro. As láminas son desiguais e de cor branca. En canto ao pe, podemos dicir que é bastante ancho, entre 2-5 cm, e ademais posúe un pequeno anel cerca da parte inferior.

Este fungo é moi velenoso. Existen varios casos de intoxicación por este cogomelo pois confúndese facilmente cunha especie comestible, a Macrolepiota Procera (comumente chamada cerrota, nalgunhas zonas de Galicia). A principal diferenza atopámola no anel, o cal na especie comestible é moito máis voluptuoso; e no feito de que a especie velenosa adoita a ser bastante máis pequena.

Cortinarius Orellanus

Cortinarius_orellanus

Estamos a falar dun cogomelo que non é moi frecuente nos nosos bosques. Posúe un sombreiro carnoso delgado pola marxe e acampanado que pode alcanzar ata os 8 cm de diámetro. As laminas son dunha cor azafranada con reflexos avermellados cando están maduras. O pé é macizo, delgado na base e dunha cor amarela.

A toxicidade desta especie é bastante elevada. O síntomas da intoxicación poden tardar días en aparecer podendo chegar a seren mortais.

Amanita Virosa

amanita-virosa

Comezamos xa co xénero máis deostado e temido dentro do mundo micolóxico. O xénero Amanita. Posúe un sombreiro branco, acampanado cando é nova e aplanado cando está madura. O seu pé é esvelto. Como outras especies do xénero posúe un anel membranoso e unha gran volva na base do pe. Cando está madura desprende un olor nauseabundo.

É un cogomelo moi velenoso, a inxestión dun só exemplar causa irreparables danos hepáticos podendo chegar a causar a morte. A pesar disto non o seu mal olor disuade a moitos inconscientes da súa consumición polo que non existen moitos accidentes debido a inxestión deste fungo.

Amanita Verna

amanita-verna

Moi similar á anterior especie. A diferenza básica entre as dúas é que esta non desprende este mal olor. Ademais do feito de que esta seta é propia da primavera ao contrario ca anterior, propia do outono.

Tamén pode chegar a ser mortal, non obstante aínda non tendo ese mal olor posúe un moi mal sabor polo que non é frecuente chegar a inxerir a cantidade necesaria para causar a morte.

Amanita Phalloides

amanita-phalloides

E completando o trío letal das amanitas, chega o máis perigoso dos cogomelos que podemos atopar en Galicia. A Amanita Phalloides, tamén chamada cicuta verde (por obvias razóns), caracterízase por posuír un sombreiro de cor entre amarela e verde oliva na parte superior. As láminas son brancas e están separadas. O pé é escamoso cun anel membranoso na parte superior en unha gran volva na base.

É unha especie extremadamente velenosa, 30 g deste cogomelo son suficientes para causar a morte a calquera humano adulto. O seu perigo vese agravado pola abundancia deste fungo nas nosas fragas, isto fai que os accidentes na inxestión deste cogomelo sexan relativamente comúns. Este cogomelo foi o causante da morte de personaxes históricos como o emperador Claudio e o Arquiduque Carlos de Austria.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s