Despois de máis dunha semana de espectación, xa rematou o prazo para presentarvos ao sorteo dunha exclusiva camisola oficial de “erdati”.
A continuación adxuntamos a lista dos participantes no sorteo xunto co número que lle asignamos a cada un.
Tede en conta as seguintes observacións:
- Se tedes algunha queixa, teredes ata o mesmo sábado ás 00:30 (día no que sairá o gañador segundo o resultado da lotería nacional) para reclamar. Acto seguido e antes do sorteo, publicaremos unha lista definitiva en caso de haber cambios.
- De darse o caso e o gañador do sorteo renunciara ao premio ou non dera sinais de vida, o premio pasaría para o seguinte participante segundo a lista publicada.
Sen máis, desexarvos moita sorte no sorteo.