10 cousas que non sabías sobre os Premios Nobel

on

Os premios Nobel son posiblemente os premios máis prestixiosos e coñecidos do mundo.  Entréganse dende o ano 1901 seguindo a última vontade de Alfred Nobel recollida no seu testamento. Para saber máis sobre a historia de Alfred Nobel visita este enlace.

A pesar do renome que teñen hoxe en día, aínda existen moitos aspectos interesantes dos premios Nobel  descoñecidos por moitos. Aquí vai unha recompilación de 10 datos curiosos e as veces descoñecidos sobre os premios.

 

  1. Categorías: 5+1

Os premios Nobel se dividen en 5 categorías: Física, Química , Fisioloxía ou Medicina, Literatura e Paz segundo o estipulado no testamento de Alfred Nobel. A estes hai que engadir o premio de Economía en memoria de Alfred  Nobel. Esta categoría non  se encontra no testamento senón que foi un premio proposto polo Banco de Suecia (Sveriges Riksbank) en 1968 para celebrar o seu trixésimo aniversario.

  1. Financiaciamento

A organización dos premios Nobel require moito diñeiro xa que cada ano cada premio esta dotado cunha cantidade de 8 millóns de Coroas suecas (este ano) ,isto son uns 870.000 Euros.

O sorprendente é que os premios seguen financiándose co diñeiro que Alfred Nobel deixou para dito fin. Obviamente este diñeiro non estivo parado dende 1901 senón que esta sendo investido continuamente seguindo as directrices dun grupo de expertos. Doutro xeito, o valor da fortuna tería minguado a causa da inflación.

  1. Quen elixe aos premiados?

No testamento, Nobel tamén deixa claro quen ten que decidir os gañadores.  A Academia Sueca das ciencias (da cal Nobel era membro) elixe aos premios Nobel de física e de química, o Instituto Karolinska elixe o premio de fisioloxía e medicina, a academia sueca o de literatura e o premio Nobel da paz é elixido por un comité designado polo parlamento noruego.

En ningún caso a decisión recae sobre a fundación Nobel que so se dedica a levar as finanzas e a administración dos premios.

  1. Premios equivocados

Cada ano as institucións encargadas de elixir aos premiados reciben moitas propostas. Un comité de expertos (distinto para cada categoría) se encarga de analizar as propostas e propoñer un gañador. Finalmente a academia correspondente ratifica a elección do gañador.

Os premios Nobel  teñen que ser elixidos con moita cautela, investigando profundamente a razón pola que se elixe ao gañador . Os descubrimentos  ou innovacións realizadas polo gañador teñen que ter certa transcendencia e relevancia histórica algo que non é fácil de ver cando non pasaron moitos anos dende o aporte da persoa que se quere premiar. Se non se ten cautela poden ocorrer erros na elección.

Un dos erros con máis sona foi o premio Nobel de medicina en 1949 que foi para o inventor  da lobotomía. Unha practica que deixaba aos pacientes sen vontade, está totalmente desterrada hoxe en día. Aínda que agora se sabe que foi un erro, o premio sigue vixente xa que os premios nobel non se poden retirar.

  1. Diplomas e medallas

Cada gañador recibe aparte da dotación económica un diploma e unha medalla.

A medalla esta feita de ouro de 18 quilates recuberto de ouro de 24 quilates (puro) e pesa uns 200 gramos.

medalla

O diploma inclúe unha pintura feita expresamente para a ocasión por un artista escandinavo.

nobedt

 

  1. Premiados

A idade media dos gañadores é de 59 anos, a persoa máis nova en conseguir o premio Nobel é Malala Yousafzai que gañou o premio Nobel da paz este ano (2014). Mentres que a persoa máis vella en gañar o premio foi Leonid Hurwick quen gañou o Nobel de economía en 2007 con 90 anos.

As mulleres premiadas ascenden a  46 fronte aos  814 homes que recibiron o Nobel. Unha proporción  de mulleres realmente pequena .

Catro persoas  recibiron múltiples premios: Marie Curie en 1903 en física e en 1911 en química. Linus Pauling recibiu o de física e o da paz. John Bardeen recibiu dúas veces o de física (en 1956 e en 1972). Por último Frederick Sanger dúas veces o de química (en 1958 e en 1980)

  1. Premios a organizacións

Cada ano en cada categoría o premio se pode dar ata a un máximo de 3 persoas. O premio tamén pode ser outorgado a institucións, pero de momento o premio Nobel da paz foi o único entregado a institucións.

Desta forma ata 22 galardóns foron para institucións, entre as que se encontran a Unión Europea , o Comité Internacional da Cruz Vermella ou a ONU.

  1. Cerimonia

A cerimonia de entrega de premios realízase en Estocolmo o 10 de decembro. Alí os premiados dan os discursos de presentación, logo o rei de Suecia entrega a cada premiado na man o diploma e a medalla.

Despois da entrega, ten lugar o banquete no edificio principal do concello de Estocolmo. Concretamente na sala azul. A este banquete non so asisten os premiados senón que tamén parte da alta sociedade de Suecia. Porén a mesa central é reservada para os premiados, o protocolo establece que estes deben estar sentados ao lado de membros da familia real.

banquete

Nesta cerimonia entréganse todos os premios con excepción do premio Nobel da paz que é entregado nunha cerimonia en Oslo  presidida polos reis de Noruega.

  1. Rexeitamento do premio

O premio Nobel foi rexeitado unhas seis veces. Un dos casos con máis sona foi cando o filósofo francés Jean Paul Sartre rexeitou o premio Nobel de literatura en 1964. Unha das principais razóns que levou a Sartre a rexeitar o premio era que non quería que os seus lectores o etiquetaran antes de ler as súas obras. Segundo el  “Un escritor que adopte posicións políticas, sociais ou literarias debe actuar so cos seus propios medios, isto é, o mundo escrito” . Tamén dixo : “se firmo  Jean-Paul Sartre non é o mesmo que se firmo Jean-Paul Sartre, gañador do Premio Nobel de Literatura

  1. Premios póstumos

Dende 1974, os premios teñen que darse sempre a persoas vivas. Pode ocorrer  que os galardoados morran no período de tempo entre que se decide o galardoado e en que se entregan os premios. Isto ocorreu así no ano 2011 con Ralph Steinmann, premio Nobel de medicina quen morreu so tres días antes do anuncio oficial.

Para máis información: http://www.Nobelprize.org/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s