Poñámonos en situación…
Estamos metidos de cheo na Primeira Guerra Mundial, somos o xefe do servizo de intelixencia británica e necesitamos un método para poder enviar mensaxes sen que o inimigo nolos descifre.
Nestas pescudas estaba Mansfield Cumming na Universidade de Londres cando por fin achou unha solución… seme!
En efecto, ocorréuselle usar seme como tinta invisible, non imos a entrar en que estaba pensando cando tivo esta idea, pero no sentido practico foi unha boa idea.
As vantaxes deste método eran, por un lado, o doado xeito de conseguir o material e polo outro, que pasaba desapercibido ante o vapor de iodo (un dos métodos de detección de mensaxes invisibles).
Pola contra, o axente responsable do descubrimento tivo que ser trasladado de oficina debido ás burlas dos seus compañeiros e despois de seren recibidas unhas cantas cartas cun cheiro que “tiraba para atrás” ordenouse usar só tinta fresca.
One Comment Add yours