Os árabes escriben o trece así… 31?

Todos sabemos que noso sistema de numeración adóitase a denominar sistema de numeración arábigo. Este nome adoita a ser explicado en relación á orixe do devandito sistema de numeración.

Por outra banda, tamén sabemos que para ler e escribir o seu sistema é contrario ao noso; é dicir, eles len e escriben de dereita a esquerda. Non sería entón razoable que os números tamén foran escritos da mesma forma que o resto da escritura?

Pois si, o certo é que razoable parece. Mais resulta que non sucede isto. Os números nas zonas árabes poden ser escritos coa forma occidental ou coa forma árabe propia. Non obstante, en ambos casos respectan as o lugar que ocupan as cifras irán de maior a menor, lendo de esquerda a dereita. Isto podémolo comprobar na imaxe do reloxo que acompaña a este artigo e máis nunha noticia ao azar do coñecido medio de comunicación Al-Jazeera.

arabigos1

Probablemente a razón de todo isto é que os árabes non foron os que desenvolveron este sistema, senón que os pioneiros neste sistema foron as culturas da actual India cara o s. VI. De feito estes números son designados أرقام هندية (números indios) por eles. O que si que foron os árabes é transmisores, porque foi a través deles como chegamos a descubrir o magnífico sistema que perdurou ata os nosos días.

É polo tanto, unha honra merecida o feito de que denominemos a este sistema numérico co nome desta cultura oriental.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s