O acontecemento da década na historia da navegación espacial

on

Como xa sabemos todos a causa da avalancha de noticias sobre o tema, o ser humano conseguiu poñer un aparello (chamado Philae) na superficie dun cometa por primeira vez na historia.
Dende este blog xa fixemos un artigo sobre o tema o dia que se anunciou a lugar do “aterraxe”. Ir a artigo. Neste artigo remarcábamos a gran importancia que supón a elección dun lugar idóneo para a “aterraxe”.

philae
Recreación de Philae pousado na superficie

Finalmente o modulo Philae non puido “aterrar” exactamente no lugar planeado. Ao parecer o vehículo comezou a rebotar sobre a superficie do cometa, ata dúas veces logo do contacto inicial. Cando finalmente Philae puido contactar coa Terra, comunicou que o sistema de ancoraxe fallara e que o módulo espacial estaba pousado sobre a superficie con dúas das súas tres patas. A pesar de que agora está parado, o período de dúas horas durante o cal estivo rebotando fixo que se afastara moito do lugar de aterraxe inicialmente previsto. Agora atópase nunha posición descoñecida ao parecer rodeado de acantilados que lle dan sombra a maior parte do tempo, polo que non lle chega a suficiente luz solar como para poder cargar as súas baterías. Debido a falta de enerxía Philae viuse obrigado a entrar no modo hibernación para un silencio potencialmente largo.
A pesar de isto a misión pode ser considerada como un gran éxito. Era unha misión con moito risco de que algo saíra mal. Non obstante o feito de que lograra aterrar fai digna de mérito a fazaña conseguida pola ESA. Ademais, a pesar de que agora se atopa no modo hibernación o módulo foi quen de enviar previamente moitos datos científicos de alto valor. Así como imaxes do lugar no que se atopa na superficie do cometa. Todos estes datos serán estudados para comprender mellor a estructura e composición dos cometas.

descarga
Imaxe enviada por Philae dende a súa actual posición

Non obstante tampouco se pode perder a esperanza, o cometa aproximarase ao sol nos próximos meses polo que a radiación solar aumentará. E pode que a enerxía recibida sexa suficiente para despertar a nave do seu profundo soño.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s