Dinamarca e Huéscar, 172 anos en guerra

Hai cousas que vemos como imposibles, que se alguén nolas conta debe ser que está algo bébedo polo menos. Non obstante, a vida vainos ensinando que, como dicía o vello de Murphy:

Se hai algo que pode pasar, pasará.

A historia que traemos hoxe pode parecer surrealista, mais abofé que pasou.

Corría o ano 1981 no verán dunha pequena localidade granadina chamada Huéscar. O historiador Vicente González Barberán atopábase investigando sobre os arquivos históricos do concello, cando se atopou cun curioso documento (o cal podemos ver aquí). Tratábase dun documento municipal do 11 de novembro 1809 no cal se proclamaba a guerra contra Dinamarca.

Resulta que debido a un tratado entre España e Francia, en 1807 uns 13 000 soldados españois foran enviados a territorio danés para controlar e impedir o desembarco de tropas británicas na península de Xutlandia. Pouco tempo despois deste movemento militar producíase a invasión napoleónica polo que estes soldados pasaron de aliados a un exército rebelde aislado  nun país estranxeiro.

Napoleón ordenou dispersar as tropas españolas por todo o territorio danés para así impedir unha actuación conxunta. Non sería ata dous anos despois cando chega a España a noticia de que había 13 000 dos seus soldados atrapados en Dinamarca que seguía a ser aliado francés. A Xunta Suprema (o órgano de goberno da resistencia durante a invasión napoleónica) ao decatarse desta nova decide suspender todas as relacións con Dinamarca, e sería entón cando o concello de Huéscar declararía solemnemente a guerra contra o país nórdico.

Unha vez derrotado Napoleón a paz sería declarada de novo entre Francia e España, mais en Huéscar esquecéronse de que eles seguían en guerra co reino de Dinamarca.

huescar2

Non sería ata 1981 cando co descubrimento do documento municipal se decatarían de que seguían en estado de guerra. O achado desta declaración transcendeu rapidamente pola prensa chegando a oídos do embaixador danés en España o cal comunicou esta curiosa noticia no seu país.

A noticia de que unha pequena localidade a 150 km de Granada lles tiña declarada a guerra ocupou un gran espazo dentro da prensa danesa, e deu lugar a todo tipo de bromas.

Para arranxar o conflito diplomático o concello de Huéscar reuniuse en pleno para comezar o proceso de paz con Dinamarca. Finalmente o 11 de novembro de 1981 declarouse o cese das “hostilidades”, cumpríndose 172 anos da declaración da guerra e transformándose na guerra española máis larga da historia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s