Os teus fillos poderían herdar características da túa exparella (se es muller)

on

Seguro que agora estas a preguntar se o escritor deste artigo se volveu tolo porque calquera cuns coñecementos mínimos de xenética crerá que isto non é posible. Pois o certo é que pode ser posible segundo afirma unha investigación publicada na revista Ecology letters. Nun artigo chamado “revisando a telegonía: as crías herdan unha característica adquirida da previa parella da súa nai

Dita investigación foi realizada con moscas da froita. Os científicos puideron atopar unha relación entre o tamaño das moscas da froita e o tamaño da primeira parella sexual da nai, e non co tamaño pai. Aínda que aínda é moi pronto para poder dicir que o mesmo ocorra cos mamíferos a investigación abre a porta a que se investigue máis sobre a telegonía.

Pero como é posible que isto ocorra, aínda que non hai moita luz sobre a explicación os científicos suxiren que o efecto  pode deberse a unha absorción da femia de parte do seme da primeira parella sexual . Se cadra, esta teoría non é tan tola se temos en conta que nos últimos anos moitas investigacións apuntaron a existencia de mecanismos de herdanza non-xenética.

2BB

O certo é que esta teoría, a telegonía foi a que estivo vixente durante moitos anos para explicar a herdanza de características entre xeracións. Un dos primeiros defensores foi Aristóteles. Na Idade media coa relectura dos textos do filósofo grego volveu a ter popularidade, estando vixente ata o século XIX. Esta crenza levou a moitos durante eses anos a ver con malos ollos os divorcios e as relacións sexuais prematrimoniais. Os reis buscaban casar só con virxes para manter a pureza da súa linaxe. Cando a xenética experimentou o boom, a telegonía foi finalmente desterrada. Pero é agora no século XXI cando a teoría cobra presenza pero non como a principal teoría explicar a herdanza de características (obviamente non se pode debater a veracidade dunha teoría tan comprobada como xenética)

Como curiosidade, un posible caso de telegonía moi comentado en Twitter fai uns meses. Resulta que certa cantante tivo un fillo con un futbolista do Barcelona, e resulta que apareceron unhas fotografías nas que este neno garda moito parecido coa anterior parella da nai. Como non podería ser doutro xeito a comunidade de twitter especulou con outras posibilidades que non son a telegonía e que non deixan en moi bo lugar a nai. De todos xeitos invito ao lector do artigo a que busque ditas fotografía e que xulgue por si mesmo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s