Cálculos rápidos a preguntas sen formular: OS RENOS DE PAPÁ NOEL…

O nadal é unha época de ledicia, de estar coa familia e cos seres queridos.

Despois, chega o 25 de decembro e todos agardamos con impaciencia os regalos que Papá Noel nos trae…

Pois para a vosa información, para Papá Noel non existe esa ledicia, ou mellor dito, para os seus renos.

simpson-feliz-navidad-1

Algunha vez vos parastes a pensar do esforzo que supón esa noite para os pobres animais?

Erdati si que se parou a pensalo…

  • Supoñamos que na Terra hai 7200 millóns de persoas e que Papá Noel lles trae regalos a todos. Tendo só en conta os 148 940 000 km2 de superficie de terra que hai no noso planeta e que a xente se distribúe de forma máis ou menos uniforme neste terreo, sáenos que cada quen estaría a uns 144 m dos demais. É dicir, para que cada persoa reciba os seus agasallos, os renos terán que desprazarse aproximadamente uns 1036 millóns de quilómetros.
  • Supoñamos que cada persoa recibe 1kg de regalos (haberá quen reciba máis, haberá quen non reciba nada), pois iso tradúcese nun peso de 7200 millóns de quilos e en unidades de forza a tirar polos pobres animais, uns 70560 millóns de Newtons (E iso que non estamos contando ao gordecho do seu amo!)
  • Se agora lle botamos que Papá Noel non admite retrasos, só terá 24h para repartir felicidade polo mundo (a noite é a horas distintas en sitios distintos, en total darán as 24h) sáenos que os renos teñen unha potencia de arrastre de 8,46·1017 W. Igual así non vos di demasiado esa cifra, pero comparémola, por exemplo, coa potencia dun tanque militar. Pois se un carro de combate ten uns 1500 cv, necesitaríamos 766555 millóns de tanques para poder equipararse ás mascotas de Papá Noel (Agora xa vos parece abondo?).
  • Pero claro, haberá que darlles de comer, encima de estar traballando toda a noite, os pobres animais terán que sacar as forzas nalgures…De onde?
    • Para empezar, podemos descartar a herba, aínda que supuxésemos que o Polo Norte fora famoso polas súas frondosas pradeiras (que non o é, é famoso pola neve) non lles daría nin para un aperitivo.
    • Temos que ir a fontes de alimentación máis grandes… URANIO! Quizás a felicidade de todo o planeta gáñase grazas a uns renos mutantes que se moven grazas a uranio… Pois para a vosa información, unha das centrais nucleares máis grandes da Terra produce 1750 MW por reactor e ten 4… Ben, igual desta chégalles como aperitivo, pero pouco máis, necesitaríanse 121 millóns de centrais nucleares coma esta para deixar aos nosos animaliños listos para a gran noite.

Descartada a herba e o uranio… que nos queda?

sol

  • Despois dunha intensa investigación, chegamos á conclusión de a única fonte capaz de producir tal cantidade de enerxía é o Sol. En efecto, os renos non veñen da Terra, non son mutantes, son extraterrestres e o seu lugar de orixe é o Sol. De feito, necesitamos 5 veces a potencia do Sol para alimentar aos renos (entendámonos, non estamos a falar de que os renos usen a enerxía que chega do Sol como farían unhas placas solares calqueras, non. Estamos a dicir que os renos terían que ter a potencia de producción de enerxía que ten o Sol).

Agora entendemos mellor por que elixiron pasar o resto do ano reodeados do xeo do Polo Norte.

Ollo, todos estes cálculos son aproximacións (por iso os resultados están dados con pouca precisión). Aínda así serven perfectamente para sacar as conclusións que se obteñen. Se algún atopa algun resultado máis exacto que discrepe significativamente cos nosos cálculos facédenolo saber!

Advertisements

4 Comments Add yours

  1. Odanzaríndonadal di:

    Pero imos ver, oh. En primeiro lugar, o resultado ese tes que dividilo entre tres, posto que Santa Claus non reparte agasallos polo auga. Segundo, tes que descontar outro tercio (e estoume quedando corto) do anterior, posto que todo o mundo sabe que os nenos pobres non reciben regalos porque o señor Noel é un fascista e un elitista. Por último, dicir que toda a enerxía que reciben os renos, veñen de tomar o leite e as pastas que se lle deixan pola noite. Hai que contrastar máis os datos, Dufresni…
    PD: Encántame que unha das etiquetas sexa “mutantes”.

    1. Non hai que dividir o resultado entre 3, xa se ten só en conta a superficie de terra (en minúscula).
      Como se di ademáis, haberá quen reciba máis dun quilo de regalos e haberá quen non reciba nada.
      E tes razón, non tivemos en conta a enerxía do leite e da galletas, pero non creo que nin con todas as vacas do mundo se dera feito para un só reno (ademáis, Papá Noel comeríase e beberíase case todo o que lles deixan) 😉

  2. Amancio di:

    Vexo un problema, tendo en conta que os regalos son depositados en grupiños de 3 ou 4 persoas de media, a distancia recorrida seria bastante menor D:

    1. Por suposto que cambiaría o resultado, ao fin e ao cabo non deixan de ser aproximacións.
      Pero pensa que iso non influiría tanto (acabamos de repetir o cálculo para 4 persoas por parada e segue a dar da orde da potencia do Sol, aínda que 8 veces máis baixo).
      Se a iso lle sumas que non estamos a ter en conta percorridos intermedios como atravesar os océanos, máis ou menos o balance total queda similar.
      É dicir, o resultado seguiría sendo igual de divertido.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s