A esmorga (2014)

Ficha da película

Título: A Esmorga

Director: Ignacio Vilar

Banda sonora: Zeltia Montes

Actores principais:  Miguel de Lira, Karra Elejalde, Antonio Durán “Morris”, Melania Cruz, Patxi Bisquet, Sabela Arán, Afonso Agra, Covadonga Berdiñas, Amelia Guede, Ledicia Sola, Pepo Suevos, 

Sinopse

Crónica tensa e intensa de vinte e catro horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran á súa perdición.

Crítica

Tras “Pradolongo” e “Vilamor” chegou aos cines de toda Galicia o novo filme de Ignacio Vilar. Desta vez o director lucense elixiu unha das principais obras da literatura galega como é “A esmorga” de Eduardo Blanco Amor para levar a gran pantalla.

Poderíamos tentar analizar a película sen ter en conta a novela na que está baseada, pero neste caso ambas van tan da man que resulta case imposible separalos.

En efecto, trátase dunha moi boa adaptación da novela do escritor ourensán. As inclemencias meteorolóxicas, as localizacións, o estrato social dos personaxes… unido todo a agonizante banda sonora que acompaña as 24 horas de troula, crean a angustiosa atmosfera que tamén caracteriza a obra de Blanco Amor.

RODAJE DE A ESMORGA EN PAZO DE FERREIROA 
MIGUEL DE LIRA
Rodaxe d’A Esmorga no Pazo de Ferreiroá.

A trama tamén axuda neste aspecto. Malia que poida parecer simple, tres amigos nun día de troula, resulta tremendamente desoladora. Todas as accións que realizan os tres protagonistas resultan como se estes non puidesen escapar do tráxico destino, coma se a morea de alcohol que flúe polas súas veas os estivese obrigando a tomar as decisións que os levarían a perdición.

Van fechando portas tras si e guindando coas chaves.

As actuacións dos tres protagonistas son verdadeiramente excelentes. A expresividade no rostro de Miguel de Lira no papel de Cibrán, a risa case histérica de Antonio Durán “Morris” no papel do Milhomes, e a magnífica infiltración como galego de Karra Elejalde no papel do Bocas. Especialmente meritoria é a deste último, o actor vasco famoso polo seu papel en “Ocho apellidos vascos” realiza un traballo asombroso, facendo que nos creamos que leva vivindo en Ourense durante toda a súa vida.

prensa_06AESMORGA.jpg

A ambientación tamén é moi lograda, quitando algúns pequenos descoidos no milagroso secado da roupa e rúas do filme que son comprensibles debido a dificultade que entraña facer unha rodaxe enteira coa chuvia como protagonista especial. A cidade de Auria, Ourense dos anos 30, volve a tomar vida co decorado e vestimenta da época.

Valoración final: 8

Trátase dunha xenial adaptación da novela de Blanco Amor. A súa atmosfera envolverate automaticamente facendo que case te introduzas dentro do filme, e provocando unha sensación de desacougo que te acompañará durante unhas horas despois de saír da sala de cine.

Trailer

 

Ficha en IMBD
Ficha en FilmAffinity
Páxina web oficial | aesmorgafilme.com

Advertisements

One Comment Add yours

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s